A favor da Ordeación do Territorio Galego
Saída dende a Alameda.
6 de maio ás 12:00
Fusquenlla, Verdegaia, Salvemos Monteferro, Greenpeace, Luita Verde, Foro Social de Cangas, Comité de emergencia da Ría do Ferrol, Ortigueira sostible, Amigos da Terra, Anduxía, Colectivo nacionalista de Marín, Asociación na defensa do Parque Rosalía de Castro, SOS Courel, Natura Céltica, Cíes Artesanais S. Coop. Galega, Centro Social A Revolta, Bouzas móvete, Grupo de Axitación Social (GAS), Caleidoskopio, Plataforma contra la ampliación da piscifactoría de Quilmas, Plataforma contra a piscifactoría de Costa Galloufa, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), Federación Ecologista Galega (FEG), Alumnos da Facultade de Informática de Coruña, Salvemos Sanxenxo, Asociación Fuco Buxán, Choiva Azeda, Comissao RGP, Jóvenes Verdes, O Tesón de Ribadeo, Comité de defensa das Rías Altas, Plataforma en Defensa do Patrimonio das Pontes e outras...
Xa son mais de 50 as organizacións que se suman a convocatoria.
Manifesto 6 de maio:
A situación do territorio galego é, en certos aspectos, catastrófica. Por unha banda, o factor agrícola e gandeiro desaparece literalmente da superficie do País e, pola outra, un urbanismo disparatado, unha forestación masiva e mercantilista e unha predación sen taxa nin medida dos xacementos xeolóxicos está a mudar o rostro de Galicia para mal e ao servizo só duns poucos.
Ate o de agora os poderes autonómicos e municipais uníronse aos capitalistas especulativos nunha sorte de caricatura de Capital Monopolista de Estado. Unidos os intereses dos especuladores cos intereses da administración autonómica e municipal indisolubelmente, lanzouse unha carreira en persecución do lucro inmediato cuxa meta parece ser a destrución dos valores (que o son tamén económicos) da nosa paisaxe e da nosa herdanza natural, así en terra como en mar.
Pensamos que a situación actual esixe un golpe de leme para mudar este rumo que conduce ao suicidio colectivo no que se refire ao medio ambiente. E esa mudanza, de natureza política, debe ter en conta os intereses da maioría da poboación que desexa un País ordenado, racionalizado e próspero. O tempo da permisividade unida á corrupción nos concellos e na Xunta ten que rematar e todos e todas temos que acelerar ese final.
Pensamos que a actual Xunta de Galicia e os concellos que saian das vindeiras eleccións deberán coordinar os seus esforzos. E non só iso: a lexislación deberá modificarse e os poderes centrais de Galicia están chamados a elaborar un PLAN DIRECTOR DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO, naturalmente discutido e consensuado polas organizacións sociais e núcleos de opinión. Esta participación das multitudes na elaboración de tal Plan Director constituirá a garantía de que sexa plenamente democrático. Ora ben, sen planificación central e democrática da ordenación territorial o caos perpetuaríase.
Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Caurel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galicia. Soou a hora de que digamos:
ABONDA!
A mobilización do 6 de maio en Compostela ten que significar unha grande xornada de esperanza e unha chamada á Xunta de Galicia e as administracións locais para que exerzan realmente o poder de que dispoñen para frear esta vaga de degradación e dilapidación do noso patrimonio sen se deixar intimidar polas forzas poderosas do diñeiro e da cobiza.
Sinaturas de apoio:
Xosé Luís Méndez Ferrín. Escritor e catedrático. Académico. Darío Xohan Cabana. Escritor. Académico. Xosé María Álvarez Cáccamo. Escritor. Antón Santamarina Fernández. Académico e catedrático USC. Pedro de Llano. Arquitecto. Francisco Fernández Rei. Académico e catedráico USC. Gustavo Luca de Tena. Xornalista. Francisco Sampedro. Filósofo, ensaísta. Margarita Ledo Andión. Directora de cine. Catedrática USC. Antón Seoane. Músico e psiquiatra. Suso de Toro. Escritor. "Berrogüetto". Grupo musical. Agustín Fernández Paz. Escritor. Marilar Aleixandre. Escritora. Carmen Nogueira. Artista plástico. Anxo Angueira. Escritor. Gonzalo Navaza. Escritor e catedrático UVigo. Antón Cortizas Amado. Mestre e escritor. Xosé Manuel Souto González. Doutor en Xeografía. Catedrático. Ramón Lorenzo Vázquez. Académico e catedrático USC. Xosé Miranda. Escritor. Pilar Faxil. Documentalista.
Xabier Cordal. Escritor. Iván Prado. Pallaso internacional. Juan Carlos Román. Artista plástico. X. Antón L. Dobao. Escritor. Fran Alonso. Escritor. Elvira Riveiro Tobío. Escritora. Manuel Seixas. Profesor. Escritor e músico. Fon Román. Músico. Xavier Senín. Catedrático. Xoan Anleo. Artista plastico. "Skacha". Grupo musical. Mariano Abalo Juan José Soto Vidal. Funcionario. Brais González Pérez. Escritor. "Soak". Grupo musical. Xosé Luís Santos Cabanas. Traballador Universidade de Santiago. Xoán Manuel Estévez Freijeiro. Aitor Rivas. Profesor. Fátima Ferreira Golpe "Skarnio". Grupo musical Fidel Diéguez Díez. Profesor. Mercedes Martínez Fernández "Lamatumbá". Grupo musical. Alba Nogueira. Profesora Titular de Dereito Administrativo USC. Ángeles Castro Dapena. Arquitecta. Mª Carmen Fernández Rodríguez. Deseñadora. Xabier Vence Deza. Catedrático de Economía USC. Mª Xosé Lázare Fouce Camiño Noia Campos. UVigo. Xulián Maure Rivas. Profesor e escritor
Xaime Nogueira Meixe. Libreiro. Xosé M. García Crego. Técnico editorial. Carme Hermida Gulías. Profesora Xornalismo USC. Xosé Luís Regueira. Profesor Filoloxía USC. Xosé Manuel Eyré. Crítico literario. Xosé Henrique Costas. Catedrático UVigo. Xosé A. Laxe Martiñán. Músico. "Dakidarría". Grupo musical. Jorge Salgado Cortizas. Arquitecto. Alberte González Rodríguez. Arquitecto Francisco X. Redondo Abal. Bibliotecario e investigador. Amparo Solla González UVigo. Manuel Igrexas. Historiador. Lourdes Pérez González Iñaqui Solla Covelo. Bibliotecario Xosé A. Fernánez Salgado. UVigo. Uxío-Breogán Diéguez. Historiador. Ana Iglesias Álvarez. UVigo. "Skacha". Grupo musical. Asoc. Cultural "Amigos do Mosteiro" de Melón Xavier Blanco. Mestre de gaitas, Moaña Mª Teresa Bermúdez Montes. UVigo. Mariano Abalo. Funcionario. Juan José Soto Vidal. Funcionario. Manuel S. Fernández Álvarez. UVigo. Brais González Pérez. Escritor. "Soak". Grupo musical. Moncho Leal. Mestre. Xosé Luís Santos Cabanas. Xoán Manuel Estévez Freijeiro. Aitor Rivas. Profesor. Fátima Ferreira Golpe Manuel Vidal Villaverde. Escritor. Fidel Diéguez Díez. Profesor. Mercedes Martínez Fernández. Natanael L. Caeiro. Mon G. Buhigas. Emma Lázare. Jorge Salvador Fernández. Pablo C. Rielo Rodríguez. Óscar Antón. Emilio García Lorenzo. Rafael Balado Merino. Carlos E. Ríos Regueira. Xosé M. Felpeto Enríquez. José Ángel Carreira Montes. Arquitecto. "Coanhadeira". Grupo Musical. Xoan Hermida. Director de Amarante. José Enrique Villarino Valdivielso. Economista.