Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

30 octubre, 2007

CONVOCATORIA Á ASEMBLEA DA
XUNTA XERAL ORDINARIA
DA ASOCIACIÓN
“AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE

Convócanse ás socias e aos socios, á Asemblea que terá lugar o vindeiro día 10 de novembro de 2007, ás 17:30 horas, e ás 18:00 horas en primeira e segunda convocatoria, na Casa do Concello Vello de Castroverde, en Travesía de Montecubeiro, nº 38

Coa seguinte orde do día

I.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

II.- Renovación total ou parcial da Xunta Directiva, segundo rezan os Estatutos da Asociación, Capítulo III, artigo 12º.

III.- Actividades desenvolvidas, e informe económico (provisional), no que vai do ano 2007.

IV.- Propostas de Actividades para o ano 2008.

V.- Asuntos varios.

VI.- Rogos e preguntas.

Nota: Animamos a todas as socias e todos os socios a que presente a súa candidatura.


Asdo.: José Yáñez Basanta. Secretario

Asdo.: Manuel Muñiz Besteiro. Presidente

En Lugo-Castroverde, a 25 de outubro de 2007


No hay comentarios: