Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

18 febrero, 2008

16-02-2008

Breve resume do Roteiro (16-02-2008) Vilar-Soutomerille-Lugo

Noutro día fermoso, fixemos o roteiro partindo desde Vilar de Cas en dirección a Soutomerille, visitando o cemiterio e igrexa, mentres que algúns camiñaron pola ruta que está marcada actualmente para o Camiño Primitivo, outros fomos polo camiño das Barancas. Salientar a vista que ten desde este camiño o Castro Peón, a Croa e o Castro da Pallota. Dicir que esta zona, aínda conserva o seu encanto, aínda que ten algunha agresión.

En Gondar á parte de visitar a aldea e algunhas das súas casas, entre elas, a casa do Ferreiro, a quen lles dámos as grazas por ternos explicado algunhas curiosidades da mesma, visitamos tamén a igrexa que está situada enriba do que nos parece o que foi un castro. Agradecemos desde aquí á Sra. Amelia da casa de Fariñas, por abrirnos a igrexa; grazas tamén á familia da casa do Hospital por ternos explicado algo do que foi este hospital de peregrinos, arredado da parroquia, mais, iso si, ben situado. Despois continuamos camiño de Bascuas. Aquí encontramos “ o monstruo” da canteira, mais a aldea de Bascuas garda aínda o encanto en parte do seu camiño, lástima que ao chegar á urbanización das Regas e outras fincas, que obrigan saír á estrada, C-530 Lugo – A Fonsagrada, aos camiñantes e peregrinos. Parécenos incrible que algún organismo non sexa capaz de retomar o camiño que foi cortado de raíz, verdadeira agresión ao Camiño, á cousa pública, á cousa de todos. O encanto volve a parecer desde a estrada de Manzoi ata pasar a aldea de Fazai, aquí tamén temos que denunciar o mal estado en que se encontran uns cantos metros do Camiño, antes de chegarmos á aldea de Fazai; logo a desolación todo o que é a zona do Carqueixo ata que entramos xa en Castelo avistando Lugo. Temos que salientar tamén o encanto da zona da Chanca.

Lugo-Castrovede, 17 de febreiro de 2008

Manolo Muñiz


No hay comentarios: