VIAXE CULTURAL DA ASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE A LEÓN E OVIEDO, 16-17-18 DE MARZO
Domingo 16
Castroverde, saída ás 6:45 h. (Praza do Concello)
Lugo ás 7:10 h. (Diante da Estación do tren)
Chegada a León arredor das 11:00 h.
En LEÓN:
Andando pasaremos pola praza da Catedral, pola rúa Ancha veremos o Palacio dos Guzmanes (actual Deputación), a Casa de Botines de Gaudí, A Igrexa de San Marcelo e o Concello vello.
Procuraremos chegar ás 12:00 ao Museo da Real Colexiata de San Isidoro, se nos dá tempo veremos o Museo de León. (Estes dous museos só están abertos os domingos pola mañá).
Comida á hora fixada no Hotel Tryp León. (Sobre as 14:30 a 15:00)
Pola tarde:
Visita á Catedral, paseo polo León antigo: Praza Maior, Barrio Húmedo, ( Se dá tempo Praza do Grau e Igrexa da nosa Señora do Mercado) , visita ao MUSAC (Museo de arte contemporánea de Castela León), Praza de San Marcos, Igrexa e Hostal.
Cea no Hotel Tryp León (á hora que fixemos)
Despois de cear, se vos atopades con ánimo faremos un percorrido no autobús pola cidade de noite, ou un paseo ata a Xunta, San Marcos, Condesa e Ordoño.
O día 17 Almorzo no Hotel Tryp
E saída para Oviedo
Luns 17
En OVIEDO
Pola mañá Visita á Cidade
Ás 16:00 h. Visita á Catedral.
Ao remante saída para Xixón para cear e durmir no Hotel Begoña.
Visitar Xixón (o que dea tempo)
Martes, 18
Rematar de ver Oviedo.
Pola mañá. Monte Naranco e o que dea tempo. Pola tarde voltamos desde Oviedo polo Camiño Primitivo.
NOTA IMPORTANTE:
PREZO POR PERSOA: Arredor de (100, 00 €) en cuarto dobre. Este prezo inclúe xantar, cea, durmir (domingo) e almorzo do luns. Cea, durmir do luns e almorzo do martes. Se o cuarto é individual, tedes que contar con (40,00 € máis en León) imaxino que tamén en Xixón. Queda fóra deste prezo o xantar do luns e o xantar do martes que non están contratados.
ANOTARSE ANTES DO 8 DE MARZO, facilitando: nome, apelidos, DNI, teléfono fixo e móvil. Levar todos o DNI
No hay comentarios:
Publicar un comentario