Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

23 febrero, 2008

Actividade do día 20 de febreiro da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde no CPI. Grupo Actividades nº 4

Violencia de xénero: conferencia de Mercedes Mourenza no CPI de Castroverde

No día de hoxe tivo lugar a segunda conferencia arredor do tema da violencia de xénero.

Para a realización deste acto contamos coa presenza de Mercedes Mourenza psicopedagoga; e na acutalidade traballa no Servizo Galego de Igjualdade, dependente de Vicepresidencia para a Igualdade e o Benestar. Como Axente de Igualdade é a responsable de varios Puntos de Información da Muller da Provincia de Lugo, entre eles o de Castroverde.

Dámoslle as grazas por ternos acompañado nesta actividade, e salientamos unhas cantas ideas da súa charla-conferencia.

A violencia de xénero é universal e dáse en todas as culturas e clases sociais.

A violencia pode ser física, psicolóxica ou sexual.


Non empreguemos, non fagamos chistes, refráns, ditos sobre as mulleres; isto pode ser unha forma de xustificar e ironizar sobre as situacións de desigualdade das mulleres.

Existen indicadores para previr a violencia de xénero.

Unha frase para lembrar:


MEDO DA MULLER Á

VIOLENCIA DO HOME,

MEDO DO HOME Á

MULLER SEN MEDOS (Eduardo Galeano)

Hai moitos tópicos ou crenzas erróneas arredor da violencia, algúns deles:

.- A muller aínda que diga que non, quere dicir que pode ser.

.- Dereito a posuír.

.- É preferible aguantar antes de...

.- Se queres a alguén tes que satisfacer os seus desexos.

.- Os homes que agreden ás súas parellas están tolos.

.- A violencia prodúcese pola perda momentánea de control. Etc, etc.

POR TI QUE NON QUEDE ABONDA!

Xustificacións dos maltratadores:

.- Non fixen nada.

.- Toda a culpa é dela, non para de provocarme.

.- O problema é que estou sen traballo...

Dicir que a charla de hoxe abondou nas ideas da impartida a semana pasada, dando máis información e formación ás rapazas e rapaces.

Asistiron á actividade os cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

A actividade, pensamos que foi, igualmente, ben valorada tanto polo alumnado coma polo profesorado.

Castroverde-Lugo, 20 de febreiro de 2008

Asdo.: Manuel Muñiz Besteiro


No hay comentarios: