No día de hoxe, mércores, 26 de marzo unha delegación, dunhas oitenta persoas, visitou o noso Concello, devolvendo a visita que, o ano pasado por estas datas, fixeran a aquel Concello a Asociación de Muiñeiros, a Asoc. Amigos do Patrimonio de Castroverde e representantes do Concello.
En Castroverde amosámoslles o conxunto histórico de Vilabade, con explicación da visita por parte de Dorotea López (Doris), e unha ampla explicación histórica de Castroverde e do conxunto histórico de Vilabade, por parte do Sr.Gómez Vilabella (socio de Honra da Asoc. Amigos do Patrimonio). A seguir visitaron a praza do rollo e a torre de homenaxe do castelo de Castroverde. Finalmente visitaron o campo e pendellos da feira e a Veiga do Olmo.
Dámoslles as grazas a todos desde aquí, especialmente aos de Vedra pola visita e ao Sr. Adolfo de Abel Vilela pola súa explicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario