O domingo, día 16, como estaba previsto, saímos de Castroverde antes das sete da mañá, recollendo xente en Lugo. A primeira parada foi en Astorga para facer unha breve visita á Catedral e ao Pazo episcopal. En León agardábannos Pili e Suso que viven alí e, son socios a quen lles dámos as grazas, e non esqueceremos a súa cordial acollida e que, nos acopañaron ao longo de todo o día, ata a última visita nocturna á Cidade de León.
As visitas comenzaron polo museo de San Isidoro, sorprendente todo el, tanto pola arquitectura, especialmente a capela, coas pinturas da época que lembran, ou son anteriores á capela Sixtina do Vaticano; na capela están enterrados unha morea de reis, raíñas, infantas e señores. Tamén son de salientar o Claustro e especialmente a súa biblioteca con incunables e obras de importancia universal.
A seguir visitamos o Museo de León con seccións desde a prehistoria ata aos nosos días, o lugar onde se encontra o museo foi unha antiga ferretería que ten tres pisos, e desde o último hai unha boa vista de edificios emblemáticos.
Para rematar este intenso día; logo de cear visita nocturna a León: Hostal de San Marcos, Edificio Gaudí, Deputación, Catedral etc que, de noite coa iluminación, dá outra visión da cidade
O luns, día 17, baixamos de León a Oviedo. En Oviedo visita ao casco histórico e á Catedral, aquí visitamos algo especial, a Cámara Santa, onde tivemos a ocasión de disfrutar dunha explicación arredor do lugar simbólico da Cámara Santa, lembremos que este ano ten lugar o Ano Santo da Cruz e, algúns tiveron a ocasión de saudar e emocionarse co Sr. Arcebispo de Oviedo, Monseñor, Carlos Osoro, que algún do grupo lle indicou o motivo da visita da Asociación.
Martes, día 18, Percorrido polo Musel. Sorprendeunos a cidade de Xixón por varios aspectos, a súa historia, tan antiga coma calquera das nosas cidades galegas, e o seu despegue económico a partir da época de Jovellanos. Visitamos a:seguir, a península da “ Atalaya ou cerro de Santa Catalina”onde se encontra o “Elogio del horizonte”, de Chillida, Igrexa de San Pedro, Casa Consistorial, Palacio de Revillagigedo, Casa natal de Jovellanos, Palacio de Valdés ...e, percorrido diurno polo paseo de San Lorenzo. Somos conscientes de que nos faltaron moitas cousas por ver en Xixón, mais tiñamos que volver, e dicidimos facelo por Avilés por onde pasa o Camiño Norte, desviándonos deste xeito da nosa primeira idea, mais tamén tivo o seu interese na visita a esta cidade, sendo moi interesante a súa zona vella, a rúa principal por onde pasa o Camiño Norte e, a praza do Concello e rúas adxacentes. Continuamos para visitar outros dous lugares da Costa; Cudillero e Puerto de Vega.
Diciamos que nos apartaramos da nosa primiera idea, mais temos que comentar que visitamos lugares dos tres camiños de Santiago: Astorga e León na ruta do Camiño francés a Santiago, Oviedo na ruta de onde arranca o Camiño Primitivo, e Avilés e a costa astur que nos leva ata o linde de Galicia/Galiza polo Camiño Norte.
No día de San Xosé, de 2008.SaúdosImaxes de OVIEDO
Imaxes de AVILÉS
Imaxes de XIXÓN
Imaxes de LEÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario