Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

03 marzo, 2008

Texto a ler pola Asociación "Amigos do Patrimonio de Castroverde" ante o Concello de Lugo as 16:30

O PXOM DEBE GARANTIR A PROTECCIÓN POSTA EN VALOR DO CAMIÑO PRIMITIVO, INCORPORANDO AS DETERMINACIÓNS E MEDIDAS NECESARIAS:

- delimitación rigorosa do trazado do Camiño Primitivo en todo o territorio municipal (tanto dentro da zona rural como dentro da cidade).

- delimitación do ámbito de protección do Camiño, o cal debe abranguer non só os terreos ocupados polo mesmo e os inmediatos (entre estes, sobre todo, aqueles en que se teñan realizado actuacións –edificacións, desmontes, etc.- que degraden o ambiente do camiño e que, polo tanto deben ser corrixidas canto antes) senón tamén aqueloutros mais alonxados, vencellados por razóns históricas ou patrimoniais ou formen parte da paisaxe divisable desde o Camiño.

- previsión dun Plan Especial para a ordenación integral deste ámbito (xa esixido pola Leis autonómicas 8/1995 e 3/1996), en coordinación coa Consellería de Cultura, introducindo as determinacións procedentes na Estratexia de actuación do PXOM (prazos concretos para a redacción deste plan especial nun horizonte curto de tempo –non superior a catro anos), así como na avaliación económica (custo das actuacións públicas necesarias, compromisos de financiación por parte das Administracións implicadas).

- introdución dunha norma que someta ao control (autorización previa) da Consellería de Cultura calquera intervención (obras, etc.) dentro de dito ámbito. Para a súa aplicación ata a aprobación de dito plan especial, o PXOM debera establecer os criterios ou normas ás que se deban suxeitar as intervencións, públicas e privadas, de edificación (estéticas, de usos, etc.) e urbanización (materiais,…), dentro do seu ámbito, tendo en conta o diferente ambiente –mais ou menos urbano ou rural- dos diferentes tramos do camiño.

- revisión daquelas determinacións do PXOM aprobado inicialmente non concordantes co obxectivo de protección e posta en valor do Camiño, como serían a eliminación de edificacións previstas polo PXOM sobre o propio camiño (ex: zona do Carme) e o retiro de edificacións excesivamente próximas a él, así como redución das alturas.

As anteriores determinacións deben ser recollidas polo PXOM, sen prexuízo da clasificación de solo rústico de protección de interese patrimonial nos correspondentes terreos rústicos vencellados ao Camiño Primitivo, cuxo ámbito debe ser grafado no PXOM por imperativo legal (art. 52.1 en relación co 32.2.h) da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia).


No hay comentarios: