Ás 9:00 h. Na praza do Concello de Castroverde. Desde aquí en autobús ata o Porto do Acebo. (Dependendo dos que se apunten)
Ás 10:00 h. (Aproximdamente) No Acebo
Percorrido: Porto do Acebo- Fonfría-Silvela-Paradanova e A Póboa de Burón ou Fonsagrada.
14:00 h.-14:30 h. Xantar. Nun restaurante da zona.
Para facilitar a organización:
Avisar antes do día 10 de abril, xoves.
Agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo.
Castroverde -Lugo-, a 3 de abril 2008
Asdo.: Manolo Muñiz
NOTA:
1.- Non sei como estará o camiño.
2.- Se non somos como mínimo entre 12 e 15 persoas, non levamos autobús, imos en coches particulares. Un terá que ir indo no cohe para recoller aos que non dean camiñado.
Breve historia dás terras de Burón e A Fonsagrada
Segundo algúns autores, a historia da Fonsagrada remóntase a antes do século IV, como estación dun itinerario entre Asturias e Lugo.
A súa historia vira en torno ao Camiño Primitivo de Santiago, que entra no concello polo alto do Acivro atravesando a vila da Fonsagrada, centro de devoción e visita obrigada á capela de Santa María, onde existía un albergue e unha fonte, cuxo nomee (Fons Sacra) podería ser a orixe do topónimo de "Fonsagrada". Finalmente, a ruta sae do municipio polo pobo de Paradavella. A súa localización na ruta xacobea fundamentou a construción dun hospital de peregrinos na aldea de Montouto a mediados do século XIV: o Real Hospital de Santiago de Montouto. O municipio da Fonsagrada, xunto co de Negueira de Muñiz, formaron parte ata 1.835 do Concello de Burón, cuxa capitalidade ostentábaa a vila da Pobra de Burón, fundada en torno ao ano 1.200.
Cara a mediados do século XIV, estas terras caeron baixo o dominio dos condes de Trastámara, pasando logo a mans do conde de Altamira (cara ao ano 1.480). Ao longo da historia, os buroneses libraron unha gran loita contra as cargas e tributos que debían pagar, pero os señores feudais aplacaban as revoltas irmandiñas saíndo vitoriosos.
Durante o século XIX, a historia da Fonsagrada está ligada á Guerra da Independencia e as Guerras Carlistas de 1.833 e 1.847. Co triunfo do réxime liberal, as condicións de vida dos fonsagradinos non cambiaron substancialmente. A loita social a favor da redención foral foi unha constante entre as súas xentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario