Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

09 junio, 2008

IVº ROTEIRO: Camiño Primitivo













Roteiro A Fonsagrada / A Póboa de Burón
ata Montouto ou Paradavella (14-06-08)


Ás 09:00 h. Na praza de Castroverde.

Ás 9:30 h10:45 h. En Fonsagrada.

Ás 14:00 h. (Arredor desa hora). Xantar nun restaurante do Cádavo.


Para facilitar a organización:

Avisar antes do xoves, día 12 de xuño.

Agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo.

Asdo.: Manolo Muñiz

Castroverde -Lugo-, a 5 de xuño de 2008


NOTA:

1.- Trataremos de que haxa un autobús ao longo do percorrido.
2.- Temos dúas posibilidades, ir desde A Póboa de Burón, ou ben desde A Fonsagrada
polo Camiño Primitivo, paralelo á Estrada.
3.- Tempo impredicible. Estado do camiño (nin idea).


Variante por Pobra de Burón

Extensión 14 km

Á saída da Pobra de Burón, concentrábase un núcleo fundamental nas leproserías baronesas, comezando pola desaparecida igrexa románica da Bastida, o hospital de San Lázaro, así como as denominadas Hortas de San Lázaro e as Casas dos Leprosos.

O Camiño continúa polos altos cumes do Muradal. En Xestoso de Palfito é onde se atopaba un lazareto románico que desapareceu na segunda metade do século XX. A subida até o pé do Muradal lévanos ao encontro da serra de Legua Seca pola denominada Lomba das Modorras, comezando o descenso ao pasar polo Hospital Vello de Montouto, que marca a meirande inflexión orográfica nesta antiga verea.

A entrada ao recinto de Montouto Vello- con grande tradición xacobea- efectúase polo menhir de Pedra Labrada, marco divisorio e sinal para camiñantes perdidos nas severas invernías que sacoden a montaña, onde Pedro I "O Cruel" funda contra 1357 o Hospital Real de Santiago de Montouto, refuxio desprazado máis abaixo a finais do século XVII.

Variante por San Xoán de Padrón

Extensión 14 km

Pouco despois de Padrón, o Camiño Primitivo pasará a formar xunto co camiño de Castela unha importante encrucillada en Santa Cruz, de onde parten os peregrinos cara ao poñente, ao pasaren polas capelas de Santo Isidro de Vilardongo e de Santiago de Pedrafitelas. Acádase o recinto histórico de Montouto pola parte do mediodía da serra do Hospital.

A Fonte do Hospital saúda ao peregrino á súa chegada a Montouto, onde destaca o dolmen do Hospital, vulgarmente coñecido como Pedras Dereitas. Aquí conflúen as dúas vías alternativas de Póboa de Burón e A Fonsagrada.

O deseño do novo hospital de Montouto, construído en 1698, constaba de catro edificios cubertos de palla e lousa. Finalmente, logo de catro séculos de funcionamento, en 1171 transferirase a Santa María de Fonsagrada, por mor do seu estado ruinoso pola mala xestión e problemas de seguridade.

No hay comentarios: