Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

04 junio, 2008

O roteiro do 31/05/2008

Breve resume do roteiro O Albardeiro-Adai

Asociacións participantes:

Caamouco-Redes,
Asoc. Arcas de Sarria,
Asoc. Arumes do Corgo,
Representante de Pena Tallada e
Amigos do Patrimonio de Castroverde.


O día 31 de maio tivo lugar este roteiro, nun día falto de luz, mais de alegría por ternos encontrado varias Asociacións, que prentendemos que esta xuntanza sexa anual, e vaiamos rotando de ano en ano polas diversas comarcas.


Como estaba previsto marchamos desde Castroverde ao lugar do Albardeiro onde comezamos o roteiro baixando polo camiño que nos levou dereito á Pumarega, por medio de montes, carballeiras, prados e soutos, lástima que se tiren algunhas para plantar eucaliptos, cando aprenderemos?. Salientar a impotancia deste camiño, porque era o que comunicaba a zona da montaña coa Feira de Adai, da súa importancia, fálannos a existencia de, polo menos, dous cruceiros. Na pumarega visita á igrexa de transición románico-renacentista, e o pazo de Fornos. Desde aquí baixamos a Uriz, onde visitamos a súa igrexa do século XIV con pervivencia do románico. Salientar a súa importante pía bautismal de época visigótica. Logo partimos camiño de Goi, onde merece salientar o mazo e o muíño, aquí atravesamos o río Tórdea. (O castro, igrexa e sartegos, xa os tiñamos visitado noutras ocasións). Seguimos camiño de Queizán, xa no concello do Corgo, subindo polo lugar da Vilaboa camiño do Ramos e, desde aquí a Queizán, onde visitamos o entorno da igrexa, salientando o sartego e cruceiros. Seguindo camiño de Queizán de Abaixo, merece subliñar a escola, fonte e lavadoiro. Finalmente achegámonos ata Adai, cruzando un fermoso val, por onde pasamos outro dos ríos que nace en Castroverde, o Chamoso. Os ríos Tórdea e Chamoso, nacen en Terras de Castroverde, pasando polo Concello do Corgo, camiño do pai Miño. Daí o de Terras do Chamoso. En Adai teriamos que salientar a celebración dos día 13, que tiveron moita importancia, ata hai pouco tempo.

Pola tarde visitamos o campo da feira, a Veiga do Olmo, e a torre de homenaxe do castelo de Castroverde, para que coñeceran a cabeceira da Vila aos que non a coñecían. Grazas a todos os que participaron

Agardando que estes encontros de Asociacións continúen; SAÚDE e TERRA.

Manolo Muñiz

Ver imaxes

No hay comentarios: