Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

17 agosto, 2008

Con motivo da visita a Galicia do artista da imaxe, nado no lugar de Pozos, parroquia de Pena, de Castroverde


Tirando do Fío, taller de encontros intergeneracionales

(Publicado na VOZ DE GALICIA)

Autor: B.L.
Data de publicación:
6/7/2008

Baldomero e Paco teñen en común que os dous son Pestana de apelido, artistas e de Castroverde. Un xa cumpriu os 90 e o outro anda pola metade da década dos cincuentones e, con todo, non teñen parentesco e ata fai uns poucos anos non se coñecían.

Baldomero, un fotógrafo que retratou a Carlos Fuentes , Bryce Echenique, Man Ray, Pablo Neruda, García Márquez e así unha longa lista, emigrou con catro anos a Arxentina e soubo da existencia de Paco Pestana en París : «viste, che, e eu que me consideraba único, ¿como é posible que haxa outro Pestana e ademais de Castroverde?».

..........

Ver o artigo enteiro

e outro máis


1 comentario:

Millán Fernández dijo...

Quen queira coñecelo terá a oportunidade de facelo o Domingo 24 na Feira de Artesanía.El será quen faga o pregón.
A verdade e que é un persoaxe único, cunha obra de altísimo valor artístico.
Castroverde ten que sentirse orgulloso de contar entre os seus naturais a alguén que tivo que emigrar sendo neno e fixo todo o que fixo. A súa vida está chea de experiencias e acumula sabeduría dunha maneira incríble.
Só con estar con el e oilo falar percibes que foi e é un grande, que se codeou coa intelectualidade latinoamericana e europea, vivindo en primeira persoa Maio do 68.
Impresiona a súa abertura de mente, producto de tantas vivencias en tantos e tantos países.
Unha boa oportunidade o día 24.