Como estaba previsto, o día 12 fixemos o roteiro polo Río Xunco no concello de Cervo, contamos coa colaboración, a quen agradecemos desde aquí, da Asoc. Pasada das Cabras de Burela e, mais concretamente de Esperanza, Alfonso Iglesias e Enrique.
Comenzamos descendendo o río Xunco desde a zona do paseo dos namorados ata a desembocadura, fermoso paseo onde salientaremos, á parte do núcleo de Sargadelos e Cervo, a morea de muíños que hai ao longo do percorrido, algún deles importantes. Ao rematar visitamos a vila de San Cibrao.
Pola tarde, logo de comer, visita ao paseo dos namorados e Galería de Sargadelos. Ao final da tarde achegámonos a Portocelo e Punta Roncadoira, xa no concello de Xove.
Saúdos. Manolo Muñíz
NOTA:
Lembrar que estaremos na Feira do día 24 para expoñer algunha proxección sobre Castroverde e sobre o artista nado no noso Concello, mais concretamente no lugar de Pozos, parroquia de Pena, D. Baldomero Pestana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario