Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

16 agosto, 2008

Lido no xornal O PROGRESO de Lugo


O barroco volve a resplandecer


Tania F. Lombao (Castroverde).

Con máis de cincocentos anos, a igrexa de Vilabade, en Castroverde, é unha parada obrigada para todos os que realizan o Camiño Primitivo e un dos referentes da arquitectura gótica. No seu interior alberga pezas de valor doutras etapas, como o barroco, representado por dous retablos ?un da Visitación e outro da Crucifixión? de finais do século XVII e que están a ser restaurados.

O párroco do lugar, Manuel Varela, explicou que tras a súa proposta, a Dirección Xeral de Patrimonio asumiu o proxecto e concedeu 43.300 euros para as reformas. A empresa que se encarga das mesmas é Atlas, escollida por concurso público, e participan nas tarefas dúas persoas, ou tres algúns días. A restauración comezou no mes de febreiro co tratamento do retablo da Visitación, que tiña moita carcoma. ''Desmontamos toda a estrutura para recuperar a resistencia da madeira por medio de resinas sintéticas e novos insertos de madeira'', explica Begoña Freire, unha das restauradoras.

O seguinte paso foi a traballar coa policromía, sobre todo o ouro, facendo fixacións a partir de adhesivos acrílicos, que despois se limparon con disolventes. Nas zonas nas que falta ouro ''estucouse'' con sulfato cálcico e restos de peles de animais. Finalmente, fíxose unha reintegración cromática para conseguir a homogeneidad. O outro retablo, que sufrirá un proceso similar, aínda non foi tratado, pero esperan acabar en setembro.

Manuel Varela considera que ''unha igrexa como esta'' debería estar aberta para atender aos peregrinos e impulsar así o Camiño Primitivo que, sinala, aínda ten carencias. ''Hai un gran fallo de estruturas, como albergues, na ruta xacobea'', resume.

01/08/2008

No hay comentarios: