Cando as barbas do teu veciño vexas pelar pon as túas a remollar
Vén isto a conto de que os de Castroverde imos lanzados, pero os veciños tampouco se dormen: Se somos devotos do noso patrimonio cultural, os outros tamén segan, que acabamos de gozar dun Agosto de seituras, entre outras:
Corgo, coas IV Xornadas sobre Patrimonio: AS CASAS GRANDES DO CORGO, organizadas pola Asociación “Arumes”.
Pol, coas celebracións da súa imponderable “Leña Verde”, cadora máis madura, máis parnasiana; e o día 24, precisamente a continuación da nosa “Feira de Artesanía”, en Mosteiro a Festa do Emigrante, tributo anual a tantas andoriñas que se foron e volven ao berce pingando emocións, como ben describiu no seu pregón o mestre de periodistas José López García (para os veciños, “Maseda de Cirio”).
A Baleira, que saturou os seus vales colgando unhas fotos impresionantes, únicas, na segunda edición da revista “Marronda”, na que me concederon a honra de participar co artigo que me permito escanear seguidamente. (Se o divulgo é simplemente coa intención de serlles agradecido).
Querido José Enrique, nós temos unha torre, pero estes veciños tamén son fidalgos, e honran o seu, como é debido. ¡Con veciños así, é un pracer vivir en Castroverde!

Xosé María Gómez Vilabella
No hay comentarios:
Publicar un comentario