Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

07 diciembre, 2009

Miscelánea

Vidas paralelas:
Manuel Cordero Pérez e Jordi Solé Tura


Jordi
defendendo as liberdades constitucionais


Partida de bautismo do noso ilustre paisano Manuel Cordero Pérez Os estremeños tócanse, foi o título dunha famosa obra de teatro, unha comedia musical de Pedro Muñoz Seca, levada ao cine por Alfonso Paso. Pero hoxe, e aquí, vou falar de algo máis serio, moitísimo máis, ¡de dous extremos coincidentes! Un, galego, do finisterrae hispano; e o outro, do Mare Nostrum. De punta a punta, pero con grandes coincidencias, que non deben pasarnos desapercibidas; así que, hoxe, Día da Constitución, tómome a liberdade de ufar un: ¡Vivan por sempre, (na nosa lembranza, obviamente), os Constitucionalistas, os fautores das Constitucións!

Mal estaríamos sen constitucionalistas, pois, por mal que as fagan, peor estariamos na anarquía, ou nunha ditadura. Unha constitución, toda constitución, como toda obra humana, e máxime estas, nadas, sempre, dunha tirapuxa entre mentalidades e actitudes coexistentes, é, pode ser, debe ser, mellorable. O que non poden ser é esquecidas, nin elas nin os seus autores.


Daquela, ¿por qué esquecemos, maiormente as mulleres, que aínda non lin a primeira que dedicase un agradecemento escrito ao noso Manuel Cordero Pérez, codefensor con Clara Campoamor, nas Constituíntes de 1931, e á contra dos temores do seu propio partido, que a muller tivese voto, un voto igualitario cos homes? Os cataláns berraban aquilo de ¡Esperta, ferro!, pero aquí non sobraría un, ¡Esperta, Castroverde!

Ambos, o catalán e mais o galego, empezaron de panadeiros; ambos foron parte activa, decisiva, en sendas constitucións. ¿Caben dúas vidas con máis paralaxe? A diferenza vai estar, está, en que os paisanos do actual, calquera que sexa a súa ideoloxía, están honrando a memoria do seu…, ¿e nós? ¡No comment, que dixo o inglés!


Xosé María Gómez Vilabella

No hay comentarios: