Membres da Asociación, diante da Catedral, na praza do Obradoiro |
RESUME ROTEIRO POLO CAMIÑO A SANTIAGO PEDROUZO- ARCA ATA SANTIAGO
SÁBADO, 9 DE ABRIL DE 2011
Neste sábado, día 9 de abril, fixemos o derradeiro tramo do Camiño, desde Pedrouzo, onde quedaramos o pasado día 26 de marzo para rematar na catedral e praza do Obradoiro. Comentar que o día estivo agradable para camiñar, saímos arredor das 9:30 h. da entrada de Pedrouzo , onde nos agardaban, os amigos de Chema; Javier, Luís, Fidel e Miguel, aos que agradecemos a súa compaña e organización do xantar. Desde Arca, capital do municipio do Pino, pasamos polos lugares de Santo Antón e O Amenal, para adentrarnos nas inmediacións do aeroporto e, chegarmos ao núcleo da Lavacolla. Aquí os peregrinos tiñan a tradición e costume de lavar o corpo no rego que pasa polo lugar. Desde aquí pasando pola aldea de Vilamaior e San Marcos chegamos ao Monte do Gozo, o nome xa o di todo, desde onde puidemos divisar a cidade de Santiago. Neste monte desde o ano 1993 convertiuse en zona residencial para peregrinos e visitantes e lugar de macroactuacións. Desde aquí ata Santiago pasando por San Lázaro, zona residencial de Fontiñas, Concheiros, rúa de San Pedro, Porta do Camiño, (desde esta encrucillada puidemos observar o a Igrexa de Santo Domingos de Bonaval, que alberga o Panteón de Galegos Ilustres (tama tan polémico últimamente), Museo do Pobo Galego e ao lado o Museo de Arte Comtemporánea. Desde a Porta do Camiño pola rúa Casas Reais e Praza de Cervantes, chegamos á Acibechería, deixando á dereita San Martiño Pinario e á esquerda a fachacada norte da Catedral, dirixíndonos á praza do Obradoiro. Admiración da praza e o seu conxunto arquitectónico que a rodea do que non imos falar mais nada xa que nos levaría moitas páxinas falarmos de todo. Fotos de rigor na praza. Desde aquí pola rúa do Franco marchamos á zona nova para xantar. Logo de xantar visita á Alameda e Campus Sur e seguidamente visita á Cidade da Cultura da que non vou dicir nada, deixamos que opinen os entendidos na materia.
Comentar que a ruta que rematamos hoxe comenzámola hai uns anos, ao mesmo nacer a Asociación facendo o Camiño Primitivo polo noso Concello (Vilabade-Soutomerille), aínda que logo fixemos todas as alternativas, A Vacariza, por Vilalle. Desde o Mesón polo Castiñeiro do Neto e desde O Mesón de Fraiás por Paderne. Diversas etapas: Acevo-Padrón, Fonsagrada- A Lastra- A Lastra- A Vacariza. Noutro ano, Soutomerille-A Chanca. Noutro día A Chanca-San Lázaro (coa visita á Catedral). O Ano pasado; San Lázaro-San Román da Retorta, San Román-Melide. Este ano; Melide-Arzúa, Arzúa-Pedrouzo e Finalmente Pedrouzo-Santiago.
Desexos de que esta rota sexa delimitada e protexida antes de que sexa tarde, e no noso concello pedir que se protexa o que queda, mais podemos comprobar que as agresións ao Camiño e á súa contorna son diarias e moi lamentables.
Saúde e Terra.
Manolo Muñiz

No hay comentarios:
Publicar un comentario