Neste fermoso día de comenzos de xullo, sábado día dous, tivo lugar a inauguración do roteiro polas parroquias arriba indicadas. Dicir que estivemos unhas trinta persoas, e contamos coa presenza do Sr. Alclade, D. Xosé María Arias, que é da parroquia de Furís. Comenzamos cunhas breves palabras e a seguir decubriron o panel, o Sr. Alcalde e o Vicepresidente da Asociación, Manolo Gómez.
DESCRICIÓN DO ROTEIRO
Comentar que é un roteiro circular de dificultade media, con saída e chegada ao pé da igrexa de Santo Estevo de Furís onde podemos ver o pousadoiro, cruceiro e igrexa. Ten unha lonxitude aproximada de 18 quilómetros e un desnivel duns 300 metros, collendo como referencia os 620 m de altitude en Furís de Abaixo ao pé da casa de Cantiz e 900 m no punto máis elevado situado entre A Pena Grande e O Couso.
O roteiro percorre lugares de enorme interese ambiental e histórico-cultural, na súa meirande parte, por camiños rurais sen asfaltar.
No aspecto ambiental merece salientarse o bosque autóctono (no que destaca o carballal de Furís) e varias árbores senlleiras (carballos e castiñeiros centenarios na Abelleira, Porcín, Furís de Abaixo...), con alternancia puntual de prados e leiras. Así mesmo, o percorrido atravesa varios regos, afluentes do río Tórdea.
Tamén son de salientar certos lugares de interese paisaxístico, como as formacións de rochedo no lugar “A Pena Grande”.
Ao longo do roteiro existen bens patrimoniais de grande valor histórico-cultural:
a) Patrimonio arqueolóxico: castro de Pereira, castro de Arrubial e Eirexe en Páramo e Castro de Furís de Abaixo (Croa e Croíña).
b) Patrimonio relixioso: igrexas de Furís e Páramo (sobre o castro de Eirexe); capelas de Santa Bárbara en Pereira e San Adrián (coñecida tamén coma de San Roque) na Abelleira, con cruceiros ao pé da capela e un cruceiro con pousadoiro en Furís de Arriba.
c) Patrimonio etnográfico: muíños en Furís de Abaixo (o de Portela, Cantiz, Cabanela e os do Castelo); varias fontes en A Abelleira, Porcín, etc.
d) Pola parroquia de Furís pasa tamén a Vía Romana XIX polos lugares de Furís de Abaixo, Pereira e Abelleira en dirección a Baralla. Pequenos tramos do roteiro coinciden co trazado desta vía.
Finalmente comentar que o xantar tivo lugar na escola da parroquia de Páramo, agradecemos a colaboración dos veciños, e especialmente a Miguel Rodríguez, que tan amablemente nos preparou o local e nos explicou as reforamas que se realizaron na igrexa de San Miguel de Páramo.

Saúde.
Manolo Muñiz
No hay comentarios:
Publicar un comentario