Sonvos un macaco galegofalante. Como non son aquí da terra e veño de moi moi lonxe, doutro confín de Europa, dirían algúns especialistas en xeopolítica, pois ao instalarme aquí en Compostela debería poñerme a estudar o castelán e comunicarme coa xente como deus manda. Pero eu son rara, moi moi rara e polo visto quixen chamar atención como aqueles macacos no xardín zoolóxico que aprenden a imitar os comportamentos humanos e deciden facer algo que atraia o público. Pois eu fixen tamén algo así de raro: aprendín o galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario