O vindeiro día 17 de decembro, sábado, ADEGA vai celebrar a súa 36ª Asemblea Xeral Ordinaria. Dende 1976, van xa máis de 35 anos de loita ecoloxista e compromiso co país.
Con este motivo queriamos contar coa vosa presenza nos actos públicos da Asemblea, que terán lugar este sábado 17 en Arzúa. Nesta xornada celebraremos tamén a tradicional cea anual de confraternización no decurso da que faremos entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2011.
Actos públicos da Asemblea. Sábado 17 de decembro.
17.30h: Peche da 36 Asemblea. Recinto feiral de Arzúa (Feira Terractiva)
21.30h: Cea de confraternización e entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2011. Será no restaurante Casa Teodora, tamén en Arzúa. Prezo 15€. Confirmade a asistenza denantes do día 16.
Agardamos contar coa vosa presenza (prégase confirmación no 981570099 ou no correo adega@adega.info) denantes do venres 16 de decembro.
Recibide unha aperta ecoloxista,
Virginia Rodríguez Álvarez, Presidenta de ADEGA
No hay comentarios:
Publicar un comentario