Castro Verde
A Virxe das Cavernas
A Virxe das Cavernas
Por
Ricardo Polín
Historiador
Agora que se cumpre medio século de aquela emocionante descuberta da cova da Valiña protagonizada en 1962 por don Darío Trashorras (da casa da Forxa na freguesía de Bolaño, finado en penosas circunstancias), sobre a ladeira do mediodía do monte de Xivil coroado polo castro da Croa e próximo ao Camiño dos Arrieiros e ao da Pedra outrora transitado polos calieiros de Serés e Rebordaos, a 620 metros de altitude e a vinte sobre o río Chamoso, na chaira circundada de altos montes que percorría o camiño de ferradura que desde O Ribeiro pasaba polas Terras de Castro Verde para Mondoñedo e outros puntos, segundo confirma don Pascual Madoz cara a metade do século XIX, agora é cando colle un novo pulo a pioneira crónica do acontecido coa sorprendente e casual aparición desta valiosa galería, relato personalizado na figura do historiador lucense don Manuel Vázquez Seijas ("La cueva de la Valiña", BCPM, 1965-66, tom. VIII, pp. 25-30) a quen o Sr. Trashorras tivera a previsora atención de avisar logo do derrubamento de terras provocado pola descarga de dinamita utilizada co fin de proceder a un desmonte que ampliase a finca da súa propiedade a base de extraer pedra de cal no soleado e abrigoso lugar da Valiña (ou "das Valiñas"), inmediato aos xacementos das vellas canteiras calizas de Xivil, explosión que –a maiores da destrución duns vinte metros da cova aberta en terreo calcáreo- deixaría á vista gran profusión de restos óseos e outros materiais compostos por fragmentos de estalactitas e estalagmitas que servían de contención natural do abovedado, pedras calcinadas das que don Felipe Arias Vilas (1971) dá conta do seu depósito no museo lucense, subscitándose ao tempo a hipotética presenza de varias galerías comunicadas por outros accesos, con descoñecemento da morfoloxía orixinaria da furada e numerosas entulleiras procedentes da antiga canteira.
Logo da conmoción inicial, o certo é que ficaba parcialmente operativa unha entrada de metro e meio de altura, orientada ao suroeste, e que -malia o recheo do pavimento- permitía adentrarse ás agachadas baixo as brancas nervaduras da súa bóveda arqueada, cuxas paredes laterais acabarían servindo como muros estimulantes de todo tipo de mensaxes, misivas amorosas, egocéntricas sinaturas, imaxes e expresións irreverentes gravadas polos visitantes que en inxente número acudiron ao novidoso e enigmático reclamo da Cova da Valiña (en orixe, máis popular "a Cova de Xivil") deica finais do século XX e que pretendían inmortalizar o seu paso por este emblemático e solitario lugar aproveitando a textura mol do habitáculo natural e a albura do seu cromatismo.
De aquela primeira recolleita superficial e inventario realizado por Vázquez Seijas derivaríanse ao Museo Provincial de Lugo certos útiles de traballo compostos por punzóns de óso que empezaban a constatar o uso da grande cova castroviridense (antigo CASTRUM VIRIDE) como lugar de hábitat e refuxio para o home primitivo e a fauna cavernícola, nun entorno propicio para a caza, como testemuñan as osamentas dos cérvidos, xabaríns, bois, cabalos e outros armazóns fosilizados de grandes vertebrados que virían entroncar no imaxinario popular de tradición oral na parroquia de Bolaño coa crenza de que xa a finais do primeiro cuarto do século XX foran atopados dentro da galería un esqueleto humano coa caveira completa, incluída a dentadura, e outra cabeza de un animal descoñecido que no maxín dos lugareños se presentaba con catro ocos frontais destinados a albergar outros tantos ollos..., especulacións que en todo caso acreditan certo coñecemento anterior sobre a existencia de tan singular burato nas rochas do castro da Croa de Xivil e a transmisión lendaria sobre a mesma.
Embora, estamos a falar dun xacemento en cova dos albores do Paleolítico, a vida troglodita na nosa terra de hai trinta mil anos, logo explorada en sucesivas campañas de investigación que arrincan en 1987-88 até as cales o xacemento volve caer no esquecemento, prospeccións arqueolóxicas da universidade galega que tiran partido da veta caliza que ao cabo atravesa a provincia lucense camiño da Cova Eirós de Triacastela, proxectos pioneiros verbo do Paleolítico Superior galego ao permitir o coñecemento de aspectos tan novidosos como as secuencias paleoclimáticas ou a fauna asociada ao clima temperado neste aínda enigmático período da nosa historia. Por fin, o noso país contaba con un referente para a investigación do período máis escuro dos seus destinos (vid., César Llana e outros, 1991).
Malia a expectación subscitada, as memorias de licenciatura canto á tipoloxía da industria lítica (burís, raspadeiras, coitelos e perforadores), fauna (incluíndo a presenza da hiena e talvez de rinocerontes, bisontes e osos das cavernas) ou materias primas da Valiña, as visitas in situ de autoridades e expertos ou as exposicións e conferencias na casa do concello sobre os materiais recollidos en cada campaña, así como a disposición dun local no mesmo edificio municipal como laboratorio de campo para o procesado dos sedimentos, o frustrante resultado final foi a diseminación de aqueles restos castroverdenses da Valiña por distintos centros –incluído o arqueolóxico de Vilalba- por falta dun recinto museístico, arquivo histórico e documental do señorío de Castro Verde (a prestixiosa cabeceira do condado de Chamoso...!), demanda social que agora é un verdadeiro clamor nos ámbitos culturais que miran alén do que se come...
Porén, medio século despois da descuberta queremos significar pola súa transcendencia simbólica, que entre os materiais que afloraron naquela prospección iniciática dos anos sesenta na cova da Valiña, consta a sorprendente aparición dun fragmento singular de estalagmita de 105 centímetros de altura e 45 de diámetro na súa base, quen representa unha fermosa peza da que Vázquez Seijas comenta que "se desarrolla sobre material cuarzoso con proyección rugosa irregular", realizando a continuación (loc. cit., pp. 29-30) unha sentida loanza descritiva que permite deducir o enorme poder evocador deste elemento pétreo, atendendo ao seu valor figurativo, interpretación que transcribimos integramente a continuación por entender que se trata dun texto de gran contido simbólico, recurso suficiente para lle reservar a este elemento prehistórico un oco na iconografía popular de Castro Verde, como unha virxe-estalagmita milenaria fraguada no interior da terra abrancazada da Croa de Xivil que fecha o occidente nos vales de Bolaño e que emerxe das cavernas para delicia e admiración das xentes de esta nobre bisbarra de grande aboengo, para as que –malia o descoñecemento xeralizado de un feito tan singular- sempre será a Virxe-estalagmita das Cavernas:
"Esta estalagmita, parece labrada bajo una impresión fantástica de la madre Naturaleza, esculpiendo sobre ella una escultura capricho original de una figura femenina, con falda de faralaes, truncada por la cintura, y en su parte superior, de busto incipiente y virginal, sosteniendo en su diestro brazo, una figura menor, como un tierno infante, volteando el rostro ambas figuras para una mutua y cariñosa contemplación. Todo esbozado cual si el divino Escultor hubiese abandonado su obra en pleno boceto, en su plasmación inicial, después de una permanente caricia de milenios, con tiempo, espacio y reposo para su cristalización definitiva, al salir de la caverna para recibir el beso ardiente y cándido de los rayos del sol.
A nosotros nos da la sensación de una imagen de la Virgen de las Cavernas, con su Divino Hijo, el cual, en esta estalagmita, quiso dejar impresa algo así como una indeleble huella del poder plástico de esos dos elementos, la tierra y el agua, cayendo gota a gota y grano a grano, capaces de labrar auténticas maravillas."
Aínda sendo relativamente abondosas as virxes das grutas ao estilo Covadonga, mesmo as agochadas nas árbores ao modo da Virxe ponferradina traída desde Xerusalén por Santo Toribio e escondida no interior dunha encina derrubada para a construción da Fortaleza berciana dos templarios debido á ameaza sarracena, o caso é que esta imaxe de Castro Verde goza do engado de ser o froito da propia terra, de ter sido modelada gota a gota co sedimento frío do cal, polo que precisa de certa sensibilidade artística e aprezo aos valores identitarios contidos no escuro patrimonio arqueolóxico para conseguir imaxinar este prodixio de recente descuberta nun cacho de estalagmita que aproveitou a forza bruta dun barreno para rachar polo sitio preciso e saír á luz transformada nunha Virxe, desde as escuras estanzas da Cova da Valiña que deu acubillo ao ser humano do Paleolítico galego, acontecemento que as institucións políticas e culturais de Castro Verde non deberan esquecer nen desaproveitar neste ano que completa o medio século de vida aos ollos da moderna civilización, superando a nugalla política que ten atrancado o investimento en prospeccións arqueolóxicas que son clave para saber quen somos e de onde vimos realmente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario