Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

24 abril, 2012

Selección de 12 monitores-guías para a RESERVA DA BIOSFERA DE TERRAS DO MIÑO

Foto: Terras do Miño


Remitímoslle información relativa á selección de 12 monitores-guías para a RESERVA DA BIOSFERA DE TERRAS DO MIÑO, para o cal abriuse o prazo onte, 23 de abril de 2012, ata o vindeiro domingo 29 de abril.

Pregámoslle disculpe que non puidésemos realizar o envío da información con anterioridad, dado que seguro é do seu interese, polo que lamentamos o retraso.


O contido dos programas estará estruturado en dúas fases: unha teórica e outra práctica.

A FASE DE FORMACIÓN gratuíta, que terá unha duración de 145 horas. Constará dunha programación teórica xeral medioambiental. Os obxectivos xerais da parte teórica son favorecer a conciencia ambiental dos habitantes e visitantes, aproveitar o valor dos recursos naturais para o desenvolvemento autónomo, fomentar o turismo sostible, favorecer a difusión de patrimonio cultural, natural e etnográfico e mellorar a oferta de servizos dirixidos ó turismo especializado.

A FASE PRÁCTICA terá unha duración de catro meses, na cal os participantes pasarán a ser bolseiros en prácticas das empresas formativas, durante a que recibirán unha remuneración neta de 700 euros mensuais, non habendo dietas. Levarase a cabo en organismos representativos dos territorios da RESERVA DA BIOSFERA DE TERRAS DO MIÑO, e valorarase a dispoñibilidade de vehículo propio. Nesta parte os alumnos desenvolverán as súas destrezas coma monitores-guías especializados no medioambiente e o turismo ambiental. Ademais, toda a información relevante que recompilen
será incorporada ó SISTEMA DE INFORMACIN XEOGRFICA www.delugo.org [1].
Deste xeito, desenvolverán unha formación final que capacite a cada un dos bolseiros para o seu traballo en calquera das dúas RESERVAS DA BIOSFERA.

Establécense como criterios de admisión:
Ter un perfil académico compatible coas funcións de guía medioambiental (como mínimo, certificado de escolaridade).

Currículum Vitae acreditado
. Valorarase tendo en conta a adecuación do currículo ó desenvolvemento das tarefas a desempeñar dentro deste espazo natural.

Entrevista acreditativa de actitudes e aptitudes para o desempeño da bolsa
. A entrevista terá como finalidade apreciar o grao de madurez e dominio dos coñecementos e formación acreditada no currículo, en relación coas prácticas a realizar. Versará sobre o grao de formación xeral e técnica, na que se valorará principalmente a aptitude e actitude para as prácticas convocadas. Ademáis, na
entrevista podesare ampliar a información sobre o currículo e os méritos.

Os aspirantes seleccionados serán contratados pola empresa formativa en calidade de bolseiros en prácticas. O tempo formativo non será remunerado e durante o período de 4 meses de práctica obterán unha bolsa neta de 700 euros ó mes por bolseiro.

A selección do persoal levarase a cabo pola empresa adxudicatarias da contratación do servizo de capacitación de monitores-guías da RESERVADA BIOSFERA DE TERRAS DO MIÑO (DIOPTRA S.L.). Cada interesado poderá optar soamente ó proceso de selección dunha das Reservas.

O prazo de presentación de solicitudes COMEZA O LUNS 23 DE ABRIL E REMATA O DOMINGO 29 DE ABRIL (INCLUDOS). O modelo de solicitude está colgado na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.org [2]. Os interesados deberán cubrilo e adxuntar a documentación relativa ó currículo e ós méritos; despois terán que premer o botón "enviar", que xa realiza o envío directo da solicitude á dirección de correo electrónico terrasdomino@deputacionlugo.org [3] ou ancareslucenses@deputacionlugo.org [4] en función da Reserva na que desexen desenvolver estas accións formativas e prácticas. O solicitante recibirá confirmación da recepción da solicitude no seu correo electrónico.


Para acadar máis información pode chamar ós teléfonos 982 26 00 46 - 982 26 01 47 ou escribir ó correo electrónico terrasdomino@deputacionlugo.org [5].

Reciba un cordial saúdo,

Reserva da Biosfera Terras do Miño
Deputación de Lugo


Links:

------
[1] http://www.delugo.org/
[2] http://www.deputacionlugo.org/
[3] mailto:terrasdomino@deputacionlugo.org
[4] mailto:ancareslucenses@deputacionlugo.org
[5] mailto:terrasdomino@deputacionlugo.org

No hay comentarios: