Parte dos asistentes na ponte do río Chamoso ao pe do Mazo de Santa Comba |
Esta segunda
xornada de Feireando consistiu en facer o roteiro das Feiras entre o lugar da
Feira de Nadela e Adai.
Saímos de Nadela
arredor das 10:00 h. para irmos ata o mazo de Santa Comba, pasando polos
lugares de San Xoán de Pena, A Gándara para chegara ao mazo e, desde aquí a
Laxosa e polo Vao pasando perto de Donalbán camiño de Quintela e desde aquí de
Arximil e logo de cruzar dúas veces o
río Chamoso achegármonos á feira de Adai.
Comentar que este
anaco do Roteiro de As feiras, pasa por fermosos camiños tradicionais, sen
pisar, practicamente o asfalto. Dicir que o roteiro foi trazado por Mª Asunción
Bermúdez, colaboradora do proxecto do roteiror entre os concellos de Lugo e O
Corgo, polo xerente, Antonio V. Figueroa e o técnico, Pablo
Vila do GDR4 –Terras de Lugo; moitas
grazas a todos eles.
Rematando esta
segunda xornada de Feireando III coa visita á feira do Cabalo de Adai.
Para a vindeira
edición de Feireando, agardamos que se celebre no Concello de Rábade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario