Os asistentes na visita a Deputación lucense |
No día de hoxe, martes, tres de xullo os
veciños e Amigos do Patrimonio de Castro Verde, tivemos a ocasión de facer unha
visita á costa de Lugo, mais antes de achegarnos á costa, temos que dicir que
fomos recibidos na Deputación polo Deputado,
Juan José Díaz Valiño (que ten raíces en Castro Verde), deunos a benvida
e explicouenos que as viaxes KM 0, teñen por finalidade dar a coñecer a nosa
provincia. Seguidamente no salón de plenos, Ángeles a guía que nos acompañou ,
explicou aos presentes o funcionamento da Deputación.
Logo, visitamos a
Fundación TIC, onde, Darío explicou o
funcionamento das TIC e as diferentes salas, mentres que Pablo foi gravando ás
persoas nas diferentes salas. Darlles ás grazas a estes dous técnicos e á
Fundación TIC por este traballo e pola elaboración que están a facer dun vídeo
sobre Terras de Castro Verde, logo de moitas horas de gravación e traballo.
Ao saír da visita,
foto de rigor e seguidamente dirixímonos á costa de Lugo, onde xantamos,
visitando unha das praias do Vicedo e, a
seguir tivemos a ocasión de achegarmonos a Estaca de Bares, comentar que é un un espazo protexido catalogado como sitio
natural de interese nacional localizado, na parroquia de Bares do concello de
Mañón, provincia de A Coruña.
O cabo é un enclave
de enorme valor ornitolóxico e unha atalaia privilexiada para observar as
migracións de aves mariñas, das que, entre os meses de agosto e novembro,
chéganse a contabilizar algúns anos máis de 100.000 exemplares.
Comentar que, os
que puideron, achegáronse á punta do Faro. Este Faro foi construído en 1850.
Despois desta
visita, subimos ao lugar do restaurante O Semáforo, desde onde hai unha fermosa
vista da ría do Vicedo, Illa Coelleira e ría de Viveiro. A nosa guía contou a
lenda desta Illa que non imos reproducir aquí e podedes consultar en: http://galiciaencantada.com/dentro.asp?c=20&id=1516
Logo desta visita,
baixamos ao porto do Vicedo e desde aquí volta a Lugo.
Agardamos que os
veciños e socios disfrutaran deste día e dámos as grazas, unha vez máis aos
organizadores e á Deputación.
Saúde.
Manolo Muñiz
No hay comentarios:
Publicar un comentario