Público asistente na primeira xornada |
Feireando III
01/07/2012 - Pablo Rodríguez / El Progreso (Lugo)
O grupo de desenvolvemento rural (GDR) Terras de Lugo espera concluír
en setembro os traballos de delimitación da Ruta das Feiras, que unirá os pobos
da comarca de Lugo onde se celebran feiras ou as houbo no pasado.
Dos preto de 190 quilómetros que terá esta ruta, tan só está pendente
de definir o trazado entre Rábade e a parroquia lucense de Ombreiro. Unha vez
rematadas esas tarefas, o GDR iniciará contactos con distintas institucións e
asociacións en busca de fondos para pór paneis informativos nos lugares que
celebran ou acolleron feiras. A medio prazo, a intención é sinalizar todo o
trazado. Así o anunciaron onte o presidente e o xerente de Terras de Lugo,
Álvaro Santos e Antonio Ventura Figueroa, no transcurso das terceiras xornadas
Feireando, que se celebran no Corgo.
Máis información en:
http://elprogreso.galiciae.com/nova/181298.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario