Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

17 septiembre, 2012

I ENCONTRO SENDEIRISTA E CULTURAL



Partcipantes diante do atrio da Catedral e subindo á porta de acceso á Muralla


LUCUS A PÉ  
Convidados pola Asoc. Micolóxica LUCUS

 Como estaba previsto, pasadas as 10:00 h., logo da acollida do Grupo Arrincadeira, membros da Asoc. Micolóxica e autoridades do Concello e Deputación de Lugo, seguidamente,  partimos desde a Praza Maior para pasarmos pola Praza de Santa María e subir á muralla pola rampa da Porta de Santiago, logo de que a lexión de “Terra Copora” dera o permiso correspondente para subir e poder camiñar pola cidade. Pequeno percorrido pola muralla, descenso pola Praza do Cantiño, Porta de San Pedro, Ramón Montenegro, baixar a Fontiñas, parque dos Paxariños, paseo do río Rato, paseo do río Miño, Termas Romanas, Ponte Romana, subida ata a depuradora e volta pola outra marxe do Miño, ata San Lázaro, cruzar o Miño pola pasarela peonil, para rematar coas gaitas do Grupo Arrincadeira.

Comentar que había Asociacións de Navia de Asturias, León, Foz, Burela… e tamén algúns membros da Asoc. Amigos do Patrimonio.

Moitas grazas á Asoc. Micolóxica polo traballo e organización.

Saúde, Terra e Lingua
 Manolo Muñiz

Visita o álbume:

No hay comentarios: