Tradución do castelán: Amigos do Patrimonio de Castroverde
|
Vista exterior |
O albergue público de Castroverde, no Camiño Primitivo e antes de Lugo, abriu o luns as súas portas sen acto oficial (en Galicia hai comicios autonómicos o próximo mes e a lei prohíbeo). Perténce á Rede de Albergues Públicos para Peregrinos da S. a. de Xestión do Plan Xacobeo. O albergue achega 34 prazas, dúas delas nun dormitorio adaptado para persoas de mobilidade reducida, ás 137 xa existentes nos cinco albergues públicos cos que conta o Camiño Primitivo. Os máis próximos son os de O Cádavo (antes) e o de Lugo (despois). Este albergue foi proxectado en xaneiro do 2009 polo arquitecto Jesús Bouza Fernández. O tamén arquitecto José Ignacio Vila ocupouse da dirección facultativa, e o arquitecto técnico Javier Gómez Crespo estivo á cargo da dirección da execución das obras, que comezaron o 10 de novembro de 2011.
O edificio ten unha superficie de 490 metros cadrados e atópase nun solar na entrada a Castroverde desde O Cádavo, fronte ao Camiño Primitivo. Na zona afloran varias fontes que dan forma ao arroio de Tarrío, o cal debuxa un meandro que bordea o solar polo Leste. Para poder evitar a humidade que pode transmitir un terreo desas características elevouse a edificación uns 80 centímetros do chan. No edificio destaca o uso de madeira e cristal. Na cuberta aparecen voladizos que abrigan e xeran espazos para estar ao aire libre no bo tempo.
Segundo os datos da Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela, un total de 5.544 peregrinos recolleron a súa Compostelana en Santiago, tras percorrer o Camiño Primitivo.
Fotografías:
|
Sala de entrada |
|
Cuarto para os peregrinos con mobilidade reducida |
|
Galería |
|
Vista do dormitorio |
|
Vistas do ormitorio |
|
A cociña |
No hay comentarios:
Publicar un comentario