Onte, sábado, estabamos convidados a participar en tres Actividades, finalmente puidemos ditribuirnos e asistimos uns, ao VI encontro de sendeirismo río Ouro e praias de Foz, outros á Mallega en Becerreá e algúns outros ás Primeiras xornadas de xeoloxía. Estas, comenzaron, o venres pola tarde, mais non puidemos asistir, polo que non podemos opinar, o sábado, o profesor, Juan R. Vidal Romaní, falounos de: “Variación do clima durante o Cuaternario na serra do courel a partir dos datos xeolóxicos” Comezou aludindo á formación dos continentes para centrarse na formación desta grande serra e, entre as muitas outras cuestións o que máis nos chamou a atención é que o río Miño é un dous máis recente formación en Galiza, apenas ten uns 15.000 anos, mentres que o río Sil, é dos máis antigos.
A profesora, Aurora Grandal, falou da: “Fauna cuaternaria na Serra do Courel”, entre as presentacións das zonas calizas, aparecía unha pequena referencia á Cova da Valiña, chámame poderosamente a atención como, o concello de Quiroga ten tantos estudos, museo xeolóxico, … certo é que a serra do Courel ten potencial abondo, mais tamén é certo que nós temos potencial xeolóxico e de covas, xa que temos a franxa que vén de Furís e sove ata Pena que é caliza, de aí que teñamos a cova, e aínda que a da Valiña, e bastante recente, o certo é que o noso concello non se preocupa en absoluto destes temas, aínda que saía, indirectamente, e é coñecido e citado por diversos expertos, como no caso da cova. Estamos no cincuentenario do decubrimento da cova da Valiña, a Asociación, aproveito para dicilo, non quere que remate o ano, sen polo menos, sinalar a cova que, nun futuro, podería e debería formar parte dun roteiro. Ben, dito isto a profesora falounos de aspectos que nós coñeciamos por medio do socio e amigo, César Llana, aínda que salientaría o feito a que aludiu a profesora, comenatando que onde está a fábrica de cementos Oural, apareceu o resto dun Mamut.
O arqueólogo, Iván A. Álvarez, falounos de: “ A minería aurífera no contexto da Ribeira Sacra: sistemas de explotación” Toda unha lección das explotacións que fixeron de toda a serra os romanos, aínda que o máis coñecido sexa o desvío do Sil e Montefurado ou as Médulas, son moitísimas as explotacións por toda a serra, sistemas que tiñan, etc., chegaban a levarn máis de seis mil quilos de ouro anuais.
O profesor Roberto Vila falou dos: “Instrumentos para o desenvolvemento endóxeno na Ribeira Sacra: O Miradoiro Panorámico Xeolóxico d Monte Cerengo e o Miradoiro interpretativo do Meandro Encaixado de A Tapada” Potencialidades e importancia do Miradoiro do monte Cerengo con vistas a un amplísimo territorio e a importancia deste meandro de A Tapada.
Pola tarde, breve visita ao museo Xeolóxico, que xa coñeciamos, para subirmos en autobús ata o Alto do Boi, con breve parada para ver o Sinclinal de Campodola-Leixazós, desde non puido o autobús e todoterreos fomos ata o pé do Pía Paxaro, para ir camiñando desde aquí por toda a divisoría puidemos conteplar todas as aldeas e lugares do Courel ata o Cebreiro polo nor-noroeste e polo sur-sureste, os vales de Vilarbacú, Murelos, val da Seara coa Lagoa da Lucenza, para descender ata a aldea de A Seara. Fermoso percorrido, que á parte da paisaxe e diferentes especies, puidemos contemplar, parte do que se explicou pola mañá nas conferencias, tanto nas formacións xeolóxicas, coma nas explotacións mineiras, formación de morrenas, lagoas, etc.
Dar as grazas a toda á organización destas xornadas, especialmente, ao GCR8 e ao concello de Quiroga.
Saúde, Terra e Lingua.
Manolo Muñiz
Galería de imaxes:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/PrimeirasXornadasDeXeoloxiaNaRibeiraSacra2122092012?authuser=0&feat=directlink
No hay comentarios:
Publicar un comentario