PARTICPANTES NO ROTEIRO AO PÉ DO PANEL INFORMATIVO
INDICADOR COVA DA VALIÑA
PANEL INFORMATIVO COVA DA VALIÑA
Resumo II-Roteiro conmemorativo do cincuentenario do descubrimento da cova da Valiña. Sábado, 15 de decembro de 2012
Resumo II-Roteiro conmemorativo do cincuentenario do descubrimento da cova da Valiña. Sábado, 15 de decembro de 2012
Con este segundo roteiro que transcorreu
desde Castro Verde polo Campo da feira,
Veiga do Olmo, arredor do Monte Revolta da Cal en dirección a Cubelas, para
dirixirnos ao Mesón da Cabra e, desde aquí, baixar a Recesende e visitar os
Sartegos alto medievais que a asociación sinalou hai xa uns cantos anos e seguimos
a manter limpos, visita á Igrexa e Casa Grande. Desde aquí a Penalonga pasando
ao pé da área recreativa, comentar que non sabemos de quen é a responsabilidade
de manter limpa a súa contarna, mais é lamentable o desleixo das
administracións con respecto as estes temas. Logo de cruzarmos a estrada da
Fonsagrada – Lugo achegámonos ao Camiño Primitivo para subirmos ata San Miguel
e desde aquí a Trashorras en dirección a
Fontao.De Fontao a Bolaño para rematar na Cova da Valiña.
Con este segundo percorrido completamos o
roteiro da Cova da Valiña, voltando a visitala e aproveitando para ver a
colocación dos paneis informantivos. Deste xeito, xa que non deu tempo a facermos ningún acto arredor do
cincuentenario do descubrimento da cova, queremos, desde a asociación, celebrar
este acto coa colocación de indicadores e panel informativo para poñer en valor
este patrimonio.
Este roteiro circular,
sería desexable que se sinalizara, nel temos elementos de todo tipo; a saber,
Torre da Fortaleza, árbores senlleiras, hórreo, lugar medieval ou alto medieval
(San Martiño), quiosco da música, as lagas, forno do cal, unha croa cun
xacemento paleolítico, a cova da Valiña, muíños, igrexas, sartegos alto
medievais, área recreativa e campo da feira. Pensamos que sería un dos roteiros
máis completos do concello.
Saúde, Terra e Lingua.
Manolo Muñiz
VER REPORTAXE FOTOGRÁFICO:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/IIROTEIROCOVADAVALINA?authuser=0&feat=directlink
VER REPORTAXE FOTOGRÁFICO:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/IIROTEIROCOVADAVALINA?authuser=0&feat=directlink
1 comentario:
ola, hai posibilidade de conseguir as vosas rutas nalgún formato de gps??
unha aperta
Publicar un comentario