Adolfo de Abel Vilela (Lugopatrimonio), Antonio Figueroa
(GDR Terras de Lugo), Adela Figueroa (ADEGA) e Ricardo Polín (estudoso do
Camiño Primitivo)
O
Foro do Camiño Primitivo vén de facer público que denunciará a Xunta ante a
Unesco e ICOMOS-España para denunciar "a delimitación
fraudulenta do itinerario" pois acusa a Xunta de negarse a recuperar uns
50 quilómetros do trazado orixinal e de deixar fóra de protección máis dun
cento de elementos patrimoniais asociados ao primeiro Camiño a Compostela. O Foro solicitaralles que condicionen
a declaración do Camiño
Primitivo de Santiago como Patrimonio Mundial "á delimitación
obxectiva e á recuperación da traza histórica do Camiño alí onde o permiten as
fontes documentais, históricas e arqueolóxicas dispoñíbeis".
Demandarase pois á UNESCO que atrase a decisión "en tanto a Xunta non
respecte os criterios de integridade e autenticidade".
Segundo
o Foro este itinerario aprobado pola Xunta "deixa fóra de toda
posibilidade de recuperación e de posta en valor uns 50 quilómetros da traza
medieval orixinaria"
A
Consellaría de Cultura aprobou recentemente a delimitación definitiva do
Camiño Primitivo de Santiago que foi, segundo o Foro, "repetidamente
rexeitada e rebatida polo parecer experto de investigadores e organizacións
culturais, ambientais e académicas ao longo dos últimos vinte anos". Segundo o Foro este itinerario
aprobado pola Xunta "deixa fóra de toda posibilidade de recuperación e de
posta en valor uns 50 quilómetros da traza medieval orixinaria",
legalizando ao mesmo tempo outros tantos quilómetros "de itinerario falsificado
cuxo desvío corresponde a intereses particulares e ilexítimos".
O Foro acusa o Goberno galego de empregar a estratexia de "feitos
consumados" para poder "eludir a súa responsabilidade pública na
recuperación dos treitos usurpados e na protección do territorio histórico
asociado ao camiño".
O
Foro denuncia tamén que fican fóra de catalogación ou do territorio histórico
protexido "máis dun cento de elementos patrimoniais chave no devir da vía
primitiva",
coma o monumento de Santa Olaia de Bóveda, hospital de San Martiño de Bolaño,
San Lázaro en Castroverde, casa do Hospital de Gondar, Cova da Valiña, igrexa
de refuxio da Esperela, vía XIX por Guntín de Pallares, etc. Denuncia
tamén que este proceso foi iniciado "ás agachadas", en pleno período
vacacional de Agosto, e concluíuse "de xeito repentino" no mesmo
día en que se enviaron as respostas ás alegacións presentadas polos numerosos
colectivos que integran o Foro. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
rexeita a práctica totalidade dos centos de alegacións presentadas, agás dous
puntos "de carácter residual".
O
Foro conclúe que a aprobación definitiva desta fraudulenta delimitación oficial
ten unhas consecuencias "funestas" pois "arruína o ímprobo esforzo
colectivo de recuperación do primeiro e máis antigo itinerario histórico a
Compostela desde hai máis de 20 anos, premia os invasores do
noso patrimonio camiñeiro, consolida con recursos públicos a ocupación do
itinerario orixinario e a destrución do seu territorio histórico e bens
asociados e pon en risco
a candidatura da vía primitiva a Patrimonio da Humanidade".
Dúas imaxes do Camiño que quedan fóra da delimitación:
San Martiño- Bolaño
No hay comentarios:
Publicar un comentario