Hoxe sábado, 1 de decembro, arredor das 11:00 h. tivo lugar unha ofrenda no monolito de Trasliste en homenaxe á firmeza do Sr. Xulián.
Ás 12:00 h. o
historiador Francisco Carballo impartiu unha conferencia arredor da Historia
das loitas agrarias en Galiza. Comenzou aludindo a Paulo Orosio para
relacionalo coas loitas agrarias de comenzos do século XX, para voltar ao
século IV, facendo referencia a Prisciliano e comentando que o campesiñado en
Galicia estivo presente na sociedade galega ao longo dos tempos, tendo moita importancia
desde o século IV, prácticamente, ata 1960. Tendo importancia capital ata as
revoltas Irmandiñas e, rómpese a unión campesiña por volta de 1569 co
enfrentamento entre o campesiñado e a
burguesía (habitanes dos burgos, das vilas). Este enfrontamento entre
campesinos e vilegos tivo consecuencias nefastas ata os nosos días. Comenza a
penetración das clases foráneas e a imposición do castelán e sumisión da lingua
galega.
Referencia ao
Marqués de Esenada, daquelas, aínda
había unha organización do campesiñado. Para pasar ao século XIX onde o 80% do territorio galego era, estaba
aforado. E a partir da desamortización de Mendizábal houbo unha venta do país
con consecuencias moi negativas. A burguesía, fidalguía e igrexa son as
encargadas de cobrar os trabucos, dezmos… ata chegarmos á cota empresarial.
Ser campesiño nos
séculos XVI e XVII era un orgullo, mais a partir do século XIX houbo un
sometemento do campesiñado e será a comenzos do século XX, ano 1907 cando
xorden os movementos agraristas: Solidaridad
Gallega, Unión Campesina, Acción Gallega para loitar contra os foros,
caciquismo … salientando a loita de Basilio Álvarez, cura de Beiro, que nos
seus mitins era capaz de convencer e mobilizar o campesiñado.
Sendo imposible
resumir en poucas liñas a visión que nos deu este home sobre o problema
agrario, remataremos aludindo ás derradeiras palabras; con dúas ideas
principais: - Temos que transformarnos desde nós mesmos, rebelándonos desde
todos os sectores sociais. – Non destruamos nada que poidamos transformar.
Pola tarde houbo
unha mesa redonda - pequeno debate arredor, das loitas agrarias desde os anos
1970. Con referencias ás loitas destes últimos 40 anos con referencias; á cota empresarial, cotas do leite, da carne…
para rematar aludindo á situación poboacional da nosa terra.
Saúde, Terra e
Lingua. Manolo Muñiz
ALGUNHAS FOTOGRAFÍAS DOS ACTOS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario