Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

18 marzo, 2013

Os Espazos Naturais no burato do tempo. Outro xeito de sentir os lugares protexidos



Estimados/as amigos/as:

Normalmente nos Espazos Naturais Protexidos de Galicia priorizáronse  os aspectos materiais e naturais do lugar, obviando ou minusvalorando o patrimonio inmaterial, por exemplo o histórico. Resulta curioso, xa que moitas veces, estes valores foron decisivos para a designación do espazo protexido.

Proximamente faremos unha viaxe apaixonante (o sábado 6 de abril e o domingo 7 de abril) pola Reserva da Biosfera Terras do Miño. Pero tamén viaxaremos ás revoltas da fame de 1911, ás consecuencias tráxicas dun capricho en 1918 e acompañaremos a un mindoniense que en  1879 puido cambiar o curso da historia, sen esquecer ao Mariscal  Pardo de Cela que no 1483 foi executado na praza da vila de Mondoñedo.

Anímate a desfrutar dun día que será moi fermoso. Adxunto documento.

Nota: lembrar  que aínda hai prazas para a viaxe desta Semana Santa de 2013.  Pasaremos catro días (28, 29, 30 e 31 de marzo) en plena montaña de Asturias, en concreto no concejo de Quirós: un lugar paradisíaco (Reserva da Biosfera).



 Saída o sábado 6, ou domingo 7 de abril, 
ás 9:00 de Lugo.


1º    Sairemos da única capital de provincia que forma parte dunha Reserva da Biosfera: Lugo, e percorreremos os lugares dos dramáticos sucesos de 1918. El diario “El Progreso” titulaba na súa portada: “Lugo siente las torturas del hambre”. Ao berro de “Pan” milleiros de persoas saquearon establecementos na procura de produtos básicos. Chegouse a declarar o estado de guerra.



2º    Percorreremos a pé, durante catro quilómetros, a Zona Núcleo da Reserva da Biosfera Terras do Miño e lembraremos outro suceso que conmocionou á sociedade do ano 1911. Visitaremos os escenarios dun horrendo encargo feito por adiñeirados propietarios de Madrid a un grupo de homes galegos que segaban en Castela.



3º  Comeremos en Mondoñedo e visitaremos a súa Catedral co seu museo, a Ponte do Pasatempo, a fonte de Cunqueiro, etc... Viaxaremos a 1879 e falaremos do Mindoniense “Fuco Otero”, un anarquista que a piques estivo de rematar coa vida do rei “Alfonso XII”. Tamén lembraremos a figura do Mariscal Pardo de Cela executado en 1483 na praza da vila.



4º  Prezo: 29 €/persoa, incluíndo transporte, xantar nun restaurante, visita a museos e servizo de guía profesionalizado.  

Fernán (Guía de Espazos Naturais).
Facebook: na web de rutasvivas.com
Blogue persoal: Entre azul e bos días.
Teléfono: 659774249
 

No hay comentarios: