A asamblea estaba convocada para comezar ás 17:00 h., mais retrasouse uns minutos, porque antes de comenzar, representantes da Cruz Vermella de Lugo, logo de ter contactado comigo, informaron do Servizo de Teleasistencia Domiciliaria. Información en: http://www.cruzvermella.org/teleasistencia/
Seguidamente, tivo lugar a asamblea
que, tiña como punto único, empreder Accións xudiciais fronte
ao acordo de aprobación da delimitación do Camiño Primitivo.
Comezouse coa
referencia aos fins da asociación que segundo os Estatutos, no Artigo 5º, se di:
Son fins da asociación:
a)-Recuperación, conservación e difusión do patrimonio
do Concello de Castroverde, incluío todo o relacionado co Camiño Primitivo de
Santiago.
Logo dunha
breve exposición dos feitos e, coa intervención de varios dos asistentes, foi
Ricardo Polín quen expuxo os feitos da
delimitación, errada, da traza histórica polo noso concello que,
fundamentalmente coincide co que foi aprobado no PXOM no ano 2008, polo que non
imos expoñer aquí todo o que se dixo. Aludindo non só ao Camiño Primitivo,
senón á defensa dos Camiños Históricos (ver: http://www.consellodacultura.org/mediateca/evento.php?id=200129), polo que en Castro Verde á parte de recuperar a traza histórica, que por
outra parte, sería totalmente factible, hai que recuperar lugares como San
Martiño ou Soutomerille que son camiños transversais que entroncan, comunican
as zonas do norte da nosa provincia con saídas cara a Castela ou Monforte. Non
só hai que protexer os camiños, senón toda a contorna e liña visual que os
circunda.
Rematou a
asamblea coincidindo todos os asistentes en:
Necesidade de
recorrer contra a delimitación do camiño, facultando
ao presidente da Asociación, Manuel Muñiz Besteiro, para o outorgamento de
poderes a favor dos profesionais que se estimen oportunos a fin de iniciar dita
acción xudicial.
Para
poder facer o recurso a asociación achegará 600,00€ que se xuntarán ás achegas
que farán outras asociación do Foro do Camiño Primitivo.
Sen
outras cuestións rematouse a asamblea.
Saúde,
Terra e Lingua.
Manolo
VER A NOTICIA NA PRENSA GALEGA:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2013/03/19/colectivo-castroverde-denuncia-xunta-falsea-ruta-camino-primitivo/0003_201303L19C6991.htm
VER A NOTICIA NA PRENSA GALEGA:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2013/03/19/colectivo-castroverde-denuncia-xunta-falsea-ruta-camino-primitivo/0003_201303L19C6991.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario