ADEGA convídate ao II Festival de humor “RIR, POR NON CHORAR” , o vindeiro venres, día 29, ás 20:30 horas do no Salón de actos da Deputación de Lugo.
Esta segunda edición enmárcase dentro do proxecto Cultura e Territorio de ADEGA, en colaboración coa Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, que, á súa vez, está dentro da Campaña "Ponte no medio. Móvete polo Territorio", a prol dunha ordenación territorial sustentable. A través deste festival queremos facer reflexionar o público asistente sobre a importancia da conservación do medio natural e do noso patrimonio histórico cultural, ligados fortemente á nosa identidade, ao noso patrimonio inmaterial e como non, ao noso humor.

Os artistas
Cándido Pazó e Quico Cadaval encargaranse de facernos "rir, por non chorar" a través da súa análise irónica de como se está a xestionar o territorio galego, nomeadamente, o medio natural. Ambos os dous son artistas, cunha longa traxectoria profesional, que están especializados en mirar a realidade galega cunha ollada crítica e ao mesmo tempo próxima e retranqueira.
Recolle previamente a túa entrada
Todas aquelas persoas que queiran formar parte do público do II Festival de Humor “Rir, por non chorar”, deberán recoller previamente os convites na Área de Cultura da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos) en horario de 9 a 15 horas; ou no local de ADEGA-Lugo, sito en Ronda Fontiñas, 180 Entrechán, en horario de 10 a 14 horas, e de 17 a 20 horas.
As prazas son limitadas, polo que só se poderán recoller 2 convites por persoa.
ORGANIZA: ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza.
APOIA: Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario