O vindeiro 8 de xuño na Eira da
Xoana, no
marco da Feira de produtos naturais e artesas, farase a presentación pública da
Campaña “Cousa de Raíces” a prol do
bosque galego. Será unha campaña aberta á participación de calquera colectivo
ou persoa que teña un obxectivo común: devolver ao bosque galego o valor que
ten para evitar a súa progresiva desaparición.
ADEGA convídate a que esteas presente neste
evento, participes de xeito colectivo ou individual dela, e utilices a súa
imaxe identitaria e os recursos que a campaña poña a disposición para difundir
tamén aquelas iniciativas que vós promovedes a prol do bosque autóctono. En
breve poñeremos a funcionar un blogue no que se engadan todas estas
actividades.
Explicamos máis a miúdo os obxectivos da campaña
no documento apegado “Cousa de Raíces”. Tamén enviamos o cartaz da feira da
eira da xoana, marco no que se desenvolverá a presentación de “Cousa de
Raíces”.
Pregamos confirmes a túa asistencia ou apoio a
través deste mail ou de cousaderaices@adega.info.
No hay comentarios:
Publicar un comentario