Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

23 mayo, 2014

LUCUS A PÉ - III Encontro sendeirista e cultural

ENCONTRO SENDEIRISTA E CULTURAL LUCUS A PÉ


O IIII Encontro Sendeirista e Cultural "Lucus a Pé" ten como obxetivo fundamental o de achegar e difundir os valores culturais e paisaxísticos da cidade de Lugo e o seu ámbito a través do sendeirismo, mediante unha ruta especialmente deseñada para que os participantes coñezan e admiren os monumentos máis emblemáticos da cidade e parte do magnífico cinto verde da contorna.
A organización do "Lucus a Pé" corre a cargo da  "Sociedade Micolóxica Lucus”, unha asociación sen ánimo de lucro que dende hai máis de 13 anos é un referente na organización de eventos con grande éxito de participación no ámbito da cultura, a micoloxía e a natureza na cidade de Lugo.
O "Lucus a Pé" comezará ás 10 da mañá coa reunión e recepción dos participantes na Rúa San Marcos, en fronte ao edificio da Deputación de Lugo,  onde ademais da entrega de información e vales, se lles dará a benvida por parte dos organizadores e as autoridades públicas colaboradoras.
Iniciarase a ruta accedendo ao adarve da Muralla Romana polas escaleiras laterais da Porta Falsa situada na Praza do Ferrol, onde se realizará un acto de recreación histórica por membros da Asociación de Recreación Histórica "Terra Copora", no que se emitirá un salvoconduto para continuar camiñando pola cidade.
Tras percorrer un tramo da Muralla, descenderase na Porta de Santiago, para pasar a carón da Catedral e a Piscina Romana de Santa María, continuando pola Praza Maior e saíndo da parte amurallada da cidade pola Porta de San Pedro, cara ao paseo do Río Rato e posteriormente ao paseo do Río Miño percorrendo parte do mesmo polas súas 2 beiras, pasando a carón da Ponte e Termas Romanas e atravesando as magníficas paraxes e bosques de ribeira que nos ofrece o Miño ao seu paso por Lugo.

O percorrido concluirá no espazo verde do Club Fluvial de Lugo onde terá lugar a comida ao aire libre e un merecido descanso co río como compañeiro de excepción.
Máis información:http://www.smlucus.org/lucusape/

No hay comentarios: