Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

13 febrero, 2011

RESUME ROTEIRO POLO CAMIÑO A SANTIAGO: MELIDE - ARZÚA (12/02/2011)

En Melide diante da igrexa do Sancti Spiritus

   Neste sábado, algo frío de mañá, mais luminoso e agradable, continuamos co Camiño a Santiago onde remataramos o ano pasado o traxecto do Camiño Primitivo, na praza que temos diante do Concello de Melide  encóntranse o Camiño Primitivo e o Camiño Francés. Non imos falar aquí de Melide, xa que o fixemos o ano pasado, tan só dicir que partimos  desde a praza do concello e convento Sancti Spiritus para visitarmos a igrexa do Carme desde onde hai unha boa vista de Melide. Camiño de Arzúa pasamos por Santa María, O Raído, Boente  e Castañeda que,  son lugares de tradición xacobea, en Boente é de salientar a súa igrexa de Santiago, e Castañeda que era famosa polos fornos do cal empregado na catedral de Santiago. As pequenas pedras que traían os peregrinos medievais desde as canteiras calcáreas de Triacastela que, era un símbolo de participación na empresa construtiva.
Dicir que desde Melide a Arzúa cruzamos tres ríos abundantes en auga, polo menos nesta época e neste ano, así cruzamos o río Furelos, o río Boente  e finalmente o río Iso que ao atravesármolo por unha ponte de orixe medieval  dá acceso ao que fora o hospital de Ribadiso, un dos últimos hostpitais que permaneceu aberto no Camiño Francés ao servizo do peregrino.  O edificio inmediato ao río foi restaurado e recuperado como albergue de peregrinos en 1993, conformando unha zona acolledora e ben fermosa. Comentar que aquí foi onde comemos e  seguidamente fomos atendidos polas persoas que atenden o  albergue e, que nos ensinaron as instalacións, agradecer a amabilidade de todos eles, especialmente, a amabilidade de  Manolo. Tan só unha crítica, a quen corresponda, o feismo dos contedores do lixo diante deste aocolledor albergue, instamos desde aquí, a quen corresponda que poña os medios para remediar este feismo que, consideramos que non é tan difícil de encontrar unha solución.
Logo, seguimos ata Arzúa, famosa polos queixos da súa comarca, aquí podemos encontrar a Rúa do Peregrino, a igrexa de Santiago e, a capela da Madalena, pertencente a un desaparecido hospital.
En Arzúa concluímos a camiñata de hoxe.
Saúde e Terra.
Manolo Muñiz

11 febrero, 2011

Miscelánea

Mamaaa….!

 
 
Retratei a gardaría, pero a nena…, imposible, que me tremía o pulso, e así llo dixen a seu avó, que non poñía inconveniente en que o fixese!

A nena: ¡Mamaaa…!

Eu: ¿Tamén quería ir a Becerreá, con súa nai, para ve-las vacas, non si?

O avó: Xa fai tempo que non vai a Becerreá, que agora saíulle un traballo, tamén de veterinaria, aquí na Coruña, pero seguen sendo dous dramas: a nai, que se lle soltan as bágoas cando lle vou recoller a filla para traela á gardaría; e a nena…, xa ves! Por agradable que sexa a gardería, unha nai é unha nai!

¡Pensándoo ben, qué pouco nos paramos os homes nesta consideración! Claro, a maternidade é algo tan sublime que hai que parila, hai que vivila, para entendela. Polo feito de que conciben, nutren, e paren, os nosos fillos, e aínda que non tivesen outros méritos, que si que os teñen, case sen excepcións, o home debera subi-la súa muller ao altar do seu fogar. Con iso e con todo, as nais, no seu rol de tales, non teñen excesiva literatura; ¡menos da que merecen!

Neste século son as garderías os obxectos da dor, se ben temporal, por horas, e sempre coa seguridade de que os gromos terán o zume preciso; non da calidade materna, que iso sería moito pedir, pero con bastante aproximación, un “xenérico”, como agora se di. Desgarro era aquel do primeiro terzo do XX cando as nais galegas, antes, xa antes, de destetar o seu, collían o tren para irse a Madrid…, a dá-lo peito! Daban máis que o peito, pois o Salomón das súas miserias ordenáballes partir o neno, así que optaban por deixárllelo aos avós, ¡que xa daquela eran os intermediarios! Os avós e a vaca marela, que se encargaban de sacar adiante, no ínterim, ao neno desposuído, mentres os madrileños zugaban da teta mercenaria. E xa fose só da teta, pois ben corrido estivo que a certo príncipe crequenas sacárono a flote con transfusións duns cantos rapaces do hospicio.

Se non traballasen as mulleres acabaríase o paro, e criarían atletas, agora que tanto se cotizan…, os atletas, que non as nais! ¡Que bobada! A muller é polifacética, e dálle a todo, está en todo, atende a todo. Sempre traballou, incluso máis que agora en certas épocas. A solución non é por aí; a solución está en que os homes, xa que presumimos de vigorosos, arrimemos algo máis o ombro para compartir plenamente estas cargas chamadas familiares: aumentar a produción, engadir valores aos produtos, facerlles a vida agradable ás compañeiras, recoñecer o que valen, ¡o que valen e o que aportan!, e tamén, ¡tamén!, comprender que, se por veces, as nosas amazonas perden os estribos, non é de estrañar dada a velocidade coa que trotan pola vida adiante.

Os nenos resístense a saír do seu berce confortable, matricial, para incorporarse a este mundo trangalleiro, intuíndo, seguramente, as dificultades e mailas imperfeccións que lles esperan, pero as nais, loitadoras elas, anímanos coas súas contraccións, transmitíndolles a súa propia afouteza, o seu carácter emprendedor, máis que na esperanza na confianza de que fai falta repoñer o censo de cando en vez para avanzar positivamente nesta loita progresiva á que chamamos civilización.

 Xosé María Gómez Vilabella

Castroverdenses polo mundo

X.Manuel Pol, nos cincuenta, era paracaidista do Exército do Aire

Un aventureiro paracaidista que saltou á gran pantalla

Pol conserva a súa paixón pola historia e organiza o baile dominical do Corgo
Autor: Laura lópez. Localidade: Lugo / A Voz
Data de publicación: 9/2/2011

A vida de José Manuel Pol daría para escribir un libro. Ou unha enciclopedia enteira. A súa non é unha, senón varias vidas. Leva con el mil historias e experiencias que comparte como un libro aberto. Este aventureiro, natural de Castroverde, aínda que fincado en Adai (O Corgo), foi paracaidista, taxista, caseiro na residencia do xeneral Tella, actor na pequena e na gran pantalla, e agora compaxina a súa paixón pola historia co baile que cada domingo prepara no centro sociocultural do Corgo.


07 febrero, 2011

As actividades promovidas por Amigos do Patrimonio de Castroverde, na prensa


O centro escolar de Castroverde acolle en febreiro un ciclo sobre literatura galega


26/01/2011 - El Progreso (Castroverde)
O CPI de Castroverde será o escenario durante o próximo mes de febreiro dun ciclo de conferencias sobre lingua e literatura galegas que organiza a asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde.

MELIDE-SANTA MARÍA-O RAÍDO-BOENTE-CASTAÑEDA-O PEDRIDO-RIBADISO-ARZÚA. SÁBADO,12 DE FEBREIRO DE 2011

ROTEIRO POLO CAMIÑO PRIMITIVO: MELIDE – ARZÚA (14 KM)

Ás 8:00 h. Saída de Castroverde
Ás 8:15 h. Ronda Muralla frente ao edificio de sindicatos.
Ás 8:20 h. Pola Fontes dos Ranchos saída para Santiago.
Ás 9:00 h. Procuraremos comenzar a camiñata.
Xantar, dependendo de como vaiamos de tempo, comeremos no albergue de Ribadiso.

O Xantar será por conta de cada un a base de”bocata”, a Asociación poñerá o viño.

Levar calzado axeitado, poida que haxa zonas con auga e lama.


Comunicalo antes do día 10 de febreiro, por motivo de saber se levamos autobús.


Saúdos. Manolo Muñiz

(ver detalles)

Oviedo, 11, 12 y 13 de Marzo de 2011

I CONGRESO INTERNACIONAL CAMINO DEL SALVADOR


ACTOS DE BIENVENIDA DE PARTICIPANTES Viernes 11 de Marzo – Tarde

Recepción de participantes en los hoteles. Traslado al Auditorio – Palacio de Congresos Príncipe Felipe de Oviedo.
Recepción de participantes en el Auditorio.
Sesión solemne de Apertura Oficial del I Congreso en la Sala de Cámara del Auditorio – Palacio de Congresos Príncipe Felipe de Oviedo. Intervención de las Autoridades presentes.
Conferencia “El Salvador en las peregrinaciones jacobeas”.
Conferencia Magistral de Apertura del I Congreso: “Europa, Santiago y El Salvador de Oviedo. Los Caminos de Santiago en el contexto actual y su capacidad integradora”.
Actuaciones de Grupos de música tradicional y coros.
Intervención de la Banda de Gaitas Ciudad de Oviedo. Intervención del Coro Centro Asturiano de Oviedo.
Traslado a pie a la Plaza de Trascorrales. Recepción a los participantes a cargo del Excmo. Ayuntamiento de Oviedo.
Cena de Gala de Bienvenida en la Plaza de Trascorrales. Actuaciones musicales durante la cena.
Regreso a los hoteles. PROGRAMA SESIONES DE TRABAJO
Sábado 12 de Marzo – Mañana
Recogida en los hoteles para traslado al Auditorio.
Recepción de participantes en la Sala de Cámara del Auditorio – Palacio de Congresos Príncipe Felipe de Oviedo.
Mesa redonda “El Salvador en las peregrinaciones jacobeas desde la perspectiva internacional”.
Pausa para Café. Mesa redonda “Las Asociaciones de Amigos del Camino y El Salvador”.
Mesa redonda “El Camino del Norte y el Camino del Salvador en el periodo 2011-2021”.
Comida en el Auditorio – Palacio de Congresos Príncipe Felipe de Oviedo.

PROGRAMA SESIONES DE TRABAJO Sábado 12 de Marzo – Tarde

Mesa redonda “Avilés, el puerto del Salvador”.
Presentación breve de Comunicaciones de las Asociaciones e Instituciones del camino de Santiago sobre "El Salvador en las peregrinaciones jacobeas" y “El Camino del Salvador”.
Coloquio general de todas las sesiones del Congreso. VISITA A AVILES -- PUERTO DEL SALVADOR
Salida en autobús para la visita a Avilés. Recepción a los participantes por el Excmo. Ayuntamiento de Avilés.
Visita guiada cultural y turística por Avilés. Concierto en el Auditorio Casa Municipal de Cultura de Avilés.
Cena de los participantes en el Restaurante del Real Club de Tenis de Avilés. Regreso a Oviedo. Llegada a los hoteles y fin de las actividades del día.

VISITA CATEDRAL DE OVIEDO Y MONTAÑA CENTRAL LEONESA Domingo 13 de Marzo

Recogida en los hoteles para traslado a la Santa Iglesia Catedral de Oviedo.
Visita a la Cámara Santa y Claustro de la Catedral.
Para las personas que lo deseen o ya lo conozcan, está prevista la celebración de una misa en la Capilla de Alfonso II El Casto.
Ofrenda al Salvador y bendición de las imágenes reproducción del Salvador que se entregarán a las Asociaciones e Instituciones participanes. Reproducción de la imágen gótica en piedra policromada del siglo XIII.
Salida para la visita a la Montaña Central Leonesa. Llegada a La Pola de Gordón.
Recepción por el Ilmo Ayuntamiento de La Pola de Gordón. Mesa de trabajo “El Camino del Salvador en la provincia de León. Iniciativas para la protección de este Camino”. Sesión de Clausura Oficial del I Congreso. Intervención de las Autoridades.

Contacto:


Juan Ramón González //  Responsable de programación y coordinación  del I Congreso
C/ Juan Manuel Sánchez Ocaña Nº.7- 3º B -33010 OVIEDO (España) Teléfono: 985  08 68 08 – Móvil: 609 93 91 43 
E-mail:  HYPERLINK "mailto:direccion@consulproyect.com" \t "_blank" juanramon@consulproyect.com    HYPERLINK "mailto:consulproyect@telecable.es" \t "_blank" consulproyect@telecable.es   

A Normalización do noso idioma. Modelo Burela



BREVE RESUMO da CHARLA-CONFERENCIA 
de Bernardo Penabade. 

No día de hoxe, vernes, 4 de febreiro tivemos connosco para falar sobre a normalización -sen nomear a palabra- o profesor do IES Perdouro de Burela, que amosou ao alumnado e ao profesorado a querencia polo idioma a través dos epitafios que se poden poñer aos nosos seres máis queridos.
Comenzou por buscar casos onde se podía visualizar o noso idioma e, para iso, recorreu á lápida dun veciño do Vicedo, que fora emigrante en Cuba e coñecera a persoas que tiveran contacto con Curros, e a través dos seus versos, dispúxose a escribír poesía. Na actualidade, algunhas delas están plasmadas en epitafios, en galego, na súa lápida e na de diversos familiares. Guillermo Carballo foi persoa que tivo unha formación autodidacta e logo chegou a establecerse coa súa familia en Barcelona. 

Este fragmento dun dos seus poemas figura como epitafio na lápida funeraria do seu propio xenro, tamén xa falecido:

    Cara o mar miran os homes da miña terra
Porque do mar esperan o sustento para a vida
e se vas ó Gran Sol ou Terranova
Igual que no Caribe ou Mar de China
Un galego verás preto da borda, 
Oteando ó mar con agarimo
Esperando que este sexa o camiño 
Que o torne de novo ó seu outeiro
                                   G. Carballo
             Tu eres la luz de mi vida
             Ti es a luz da miña vida
            Tu est la llum de la meva vida

Durante a súa exposición,  Bernardo Penabade continuou preguntándolles a alumnos e alumnas se saberían dicir cantas lápidas había en galego nun dos cemiterios de Burela (inaugurado en 1912), onde existen 1443 unidades. Houbo opinións para todo tipo de gustos. A realidade era que ata 1997 non había ningunha lápida en galego e, que a partir de 1997 xa hai unhas cantas, sobre todo a partir da lápida dun taxista. Aínda que músico vocacional, tivo que exercer a profesión de condutor de servizo público. Ao seu falecemento, a súa familia escribiu:

Agora vives na melodía das estrelas
e nos camiño do vento.

Finalmente, Penabade aludiu aos recordatorios de primeiras comuñóns e e os convites de vodas. Explicou a situación do panorama e mostrou que os resultados mudaran, mais aínda seguían a ser moi baixos.

Con estas referencias, o profesor -como diciamos ao comezo e, sen aludir directamente- estaba a falarnos da diglosia existente no noso idioma e á ausencia de normalización do mesmo.

 Para concluír: canto temos que cambiar de actitude cara o noso idioma, se queremos realmente mantelo vivo.

Saúde. Manolo Muñiz

PRIMEIRO ACTO DA ACTIVIDADE Nº 7, QUE A ASOCIACÓN REALIZA EN COLABORACIÓN DO CPI DE CASTROVERDE



BREVE RESUMO CHARLA-CONFERENCIA DE ÁNXELA GRACIÁN
DIA 2 DE FEBREIRO DE 2011. 

No día de hoxe, día 2 de febreiro de 2011, tivo lugar o encontro da nosa veciña e escritora, Ánxela Gracián. Veciña do lugar de Gracián, de aí o nome, da parroquia de San Paio. Disertou e, pensamos que, deleitou a pequenos e grandes, impartindo dúas charlas, unha ás 12.35 h. para o alumnado de 1º e 2º de ESO e outra para alumnado de 5º e 6º de primaria ás 15:00 h.
Comenzou falándolles da importancia e influencia que exerceran seus avós e seus pais, á hora de escribir, sendo varios dos libros unha homenaxe aos mesmos, en especial a (Guillerme e Anuncia, os seus avós)  e, ao  mesmo tempo protagonistas dos seus relatos, como pode ser no libro de Carrapeto, mais non só hai homenaxe á súa familia, senón tamén á algunha das súas profesoras, (Beatriz Ferreiro), que influiu na súa formación, porque, en palabras da autora, naquel EXB deslabazado por mor do proceso de  concentración das escolas rurais, nun centro escolar e aínda que tivo moitas profesoras moi boas, ela poñía ao “dispor dos seus alumnos tanto cariño, tanto amor ao traballo ben feito e tanto esforzo e entrega, día a día, que nunca poderá esquecer que fundamentalmente, só as cousas que se fan con amor, saen verdadeiramente ben”.
Nos seus libros hai, por outra parte, lendas, paisaxe, natureza do seu val do río Chamoso ao seu paso por Gracián e lugares,  entre os montes de Bidueiros e a do Penedo Redondo, porque tanto lles falaba do Forno da Vella coma de Soutomerille, lugares da súa contorna.
Non podemos resumir aquí todo, nin se trata diso, mais hai alusións ás lendas; de mouros, sereas, mais tamén alusións aos primeiros amores, ás pelexas e desavinzas dos máis pequenos e toda unha apredizaxe que temos que realizar desde moi noviños todos os seres humanos.  Comentaba algún dos maiores presentes na charla-conferencia, “fixéchesme lembrar a miña infancia” e, tiña razón. 
Finalmente, sobre todo, o alumnado de 5º e 6º de primaria, que demostraron ter coñecemento de varios dos seus libros e non só de Carrapeto ou Pinga de choiva, non se fartaban de facerlle preguntas do tipo:
-De cómo comezou a escribir? - Sobre a historia do (paxaro), o peto, - libro que máis lle gustou dos que escribira, - se seguía a escribir, etc., etc.
Por último, fomos visitar a aula que leva o seu nome, unha fermosa homenaxe que o CPI lle rende a Ánxela, que ben o merece, xa que á parte de ser de Castroverde, foi alumna do centro.

Saúde e longa vida. Manolo M.

06 febrero, 2011

Miscelánea


Subir á montaña



Non hai nada como subirse á montaña, canto máis arriba mellor, para fuxir deste val das bágoas e da lama, saturado de desviacións e deformacións; detritus cheirentos, en definitiva. Comezou Moisés, e Deus proporcionoulle o código da circulación humana; Xesús, desde o seu cume, ¡desde o Cume Supremo!, prometeunos o Ceo das benaventuranzas con tal de que teñamos paciencia cos arroutos do próximo; e por último, eu, este humilde servidor, que nunca tan feliz son como subido aos meus seiscentos metros lucenses, chova, neve ou solee!


Cando me quedo na Coruña, raseiriño, perdido neste bosque dos mudos, ¡aquí só bradan os autos e nunca os corzos!, case a nivel do mar, qué outra me queda se non é elevarme en min mesmo, sobre min mesmo, ata poñer ao alcance dos meus ollos, pero abaixo, debaixo, estes cheiros do monóxido de carbono?

Sempre é digno e bo subirse aos cumes dos altos ideais, pero en tempos de crise, de calquera tipo de crise, esta bondade acada niveis de necesidade. Cando as bágoas pingan para abaixo, os ollos claman ao Ceo, miran para Arriba, álzanse. Xa sei que é ímprobo facelo a diario, elevarse a cotío nas prostracións da vida, pero ademais dunha recomendación relixiosa iso das benaventuranzas é a receita máis pragmática que podamos darnos sen prescrición facultativa, o que se di por automedicación. ¿Ou é que o espírito non ten doenzas? ¡Vaia se as ten, e ben dolorosas por certo!

Resignarse, aínda que soe parecido, non é sinónimo de indolencia. Tampouco significa conformarse con esa vulgaridade á que chamamos sorte. Nunca foi prescrito, nin contraindicado, aquilo de “A Deus rogando, pero co mazo dando!”. Tampouco é certo iso de que, “Non hai que facerlle”, que adoitan recomendarnos os inimigos que se dan de amigos. ¿Que xea, que se encolle o ánimo? ¡Daquela non hai como traballar o dobre para estira-lo espírito, que é o mellor dos cobertores! Mira por onde van ter razón eses malfalados que din que “Hai que botarlle c. á vida!”; ¡e ovarios, tamén, agora que todo é unisex!

Traballar, si, pero con planificación; ideoloxías, si, pero co corazón, ademais da cabeza. Se soubese Caín que no pecado sempre vai a penitencia, por animal e por envexoso que fose, gardaríase de molestar a seu irmán; antes ben intercambiarían produtos: Eu teño caza, e ti fariña; daquela fagamos un asado, e comámolo con pan, que así eu non como a carne soa, nin ti pan esgrevio. Teño para min, por máis que non foi iso o que me ensinaron, que en Económicas sobra Economía e falta Ética. A Economía pura é a máis impura das ciencias. ¿Ou xa temos esquecida aquela frase do patólogo José de Letamendi, que dixo, “Quien sólo sabe de medicina, ni de medicina sabe”? ¡Hai que subirse á montaña, sequera sexa para situarnos lonxe, por encima, desta contaminación do, todo vale!

Miscelánea


Parafusos sen porca

No enterro do mazo dos Seijas, Montecubeiro

¡Estou abraiado, desconcertado: unha rapaza, Enxeñeiro T. Superior de Camiños, etcétera, sobriña neta do último dono deste mazo, que está no paro; e tres curas oficiando por seu avó este último sábado ao pé doutras ruínas, das de Castrum ou Castelo Lapium, en castelán e non en galego ou en normando! ¡Que paradoxos ten a vida! Pero algo aprendín: Que segue habendo torres de Babel, sexa en Montecubeiro ou en Labio, pois non hai dous que falen igual, aínda que o fagan do mesmo tema.

A pá da Deputación (da súa construtora) que desfixo o mazo escóndese á esquerda do fotógrafo, e o capataz das obras danos as costas, fuxindo a refuxiarse no seu auto. Por outra parte, os cregos do aniversario de onte, entraron na sancristía de paisano e saíron co mesmo disfrace, como asustados de que os vexa o conde Rodrigo Romáriz profanando non só as súas ruínas senón, e tamén, a lingua do país. Igual eran normando e non galegos…!




Atrio de igrexa de Labio

Para máis castelanización, teñen o adro granítico alfombrado de tixolos esmagados! Alicia, sabes que tamén estás no país das marabillas, e non só aquela rapaza do conto? ¡Isto de agora si que é conto, o conto de nunca acabar! Por partes:

Por falta dun Enxeñeiro que quixese, ¡ou soubese!, cimentar unha ponte sobre o Azúmara en curva aberta, os teus parentes quedáronse sen mazo, que é igual a dicir, sen aquel museo das ferramentas agrícolas; pero máis aínda: Castroverde e Pol quedaron sen unha ponte que lembrase, que actualizase, o punto de unión das terras de Castroverde e Luaces, ambas dos Lemos, primeiro, e despois, por compravenda, dos Altamira. ¡E ti, no paro! Pero teño certas dúbidas, pois enxeñeiros hainos desde os romanos, aqueles inventores das pontes, tantas que nos fixeron facer aquí en Galicia: ¿non sería por cutrería, ou por desviacións orzamentarias? ¡Como cada quen fala o idioma que lle convén, vaia vostede a saber!

O da igrexa, pero tamén o da Igrexa, é familia do mesmo saco: Esta de San Pedro de Labio, aínda que agora pertencen ao municipio de Lugo, tamén é da familia castroverdense pois aínda non esquecemos que o seu castelo estivo administrado por un titular do noso condado de Flamoso, aquel Veremundo Vegilaz. Non está mal coidada, non, pero, esa alfombra de tixolos…? Será cousa de volver coa lupa para localizar algunha das súas pedras como procedentes do castro – castelo – fortaleza do seu monte Lapío ou Lapium, aquel que mandou derruír don Crésconio cando asomaron os normandos dándolle a man ao conde Rodrigo Romáriz. Botei en falta unha breve lauda, naquelas paredes, que evocase aqueles feitos pois ata se deu o caso de que lles fixen algunhas preguntas a certos veciños do lugar, e a súa contestación foi: “Os que sabían diso están aquí ao lado…, pero mudos, soterrados, e como agora non hai lareiras, fóronse co seu segredo!”.

Polo que respecta á Igrexa de maiúsculas, mirade se son doutos os cregos lucenses, polo menos os de onte, que dominan dúas linguas, ademais de algo que conserven do latín: en privado falan galego, e desde o altar en castelán! ¡Santa Isabel a Católica os bendiga, pero que teñan coidado con ela, que se lembren de que as súas ordes ao seu Delegado foron que, “no cejeis en la castra y doma de Galicia”.

Xosé María Gómez Vilabella