Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

22 marzo, 2011

Miscelánea

Adeus ríos, adeus fontes!

Nacemento do río Miño no Pedregal da serra de Meira. Lugo

Tódalas actividades, todos ou case todos os oficios, teñen o seu patrón / patroa, pero, que eu saiba, hai, queda, un pedestal baleiro: o da Ecoloxía. En vista diso, suxiro, propoño, que os galegos designemos á Filla do Cura, que é a máis indicada. ¡Agora que volven os títulos de nobreza, mellor ocasión…!

Adeus ríos, adeus fontes, adeus regatos pequenos, adeus vista dos meus ollos… Terra onde me criei, hortiña que tanto quero… ¡Non hai, nin houbo outra coma ela, que xa chorou polas hortas antes desta crise alimentaria, antes de que as pataqueiras se volvesen eucaliptais! (Por certo, hoxe comemos nesta miña/vosa casa…, ¡patacas faraónicas, exipcias, mentres agardamos polas de Carballo, e non estaban nada mal; claro que, a falta de pan…, landras!).

Santa Rosalía bendita, para comezar, pídoche que intercedas polos nosos ríos, polas nosas fontes…, pois, de quitado o Pedregal da Irimia, non conseguín ver unha fonte limpa en toda unha semana de excursión, polos catro ventos. O Pedregal está limpo…, ¡grazas as pedras, que impiden a vexetación luxuriosa na súa contorna! Algunhas fontes quedan, máis ben por onde non pasaron as escavadoras, pero poucas teñen letreiro, ou accesos fáciles. Só están limpas as artificiais, as das vilas; ¿acaso por iso, precisamente por iso, porque son falsas, de traída?

¿Que che vou dicir dos ríos? Coa invernía que tivemos, os arrastres invadiron as beiras, así que, desbordes, barrancos, silveiras, carreiros cegos, prados abandonados…, precisamente os de xunto do río, aqueles que tanto se cotizaron en tempos, pero hoxe preferimos regar con…, purín, que por algo se chama así, purín, tenro e puro! Outra cousa: Pasei por certas pontes que aínda teñen visibilidade, que non ofrecen perigo, ou menos, mentres non renazan as follas das árbores que as flanquean e apuran, auténticas colgaduras ¿ornamentais?, de palco proscenio; outra cousa será de aquí en diante… Agora que vén o bo tempo, agora que veñen as eleccións, Santa Rosalía bendita, pídelle a Deus, ou polo menos a teu pai, que mova as conciencias dos nosos gobernantes…, salvo que non queiran claridade, nin sequera na auga!

Santa Rosalía bendita, faime caso, pois, do contrario, ¡adeus ríos, adeus fontes! ¡Agora, si!

Xosé María Gómez Vilabella

A residencia de Castroverde, en marcha


16/03/2011 - El Progreso (Lugo)

As residencias de maiores proxectadas pola Deputación en Castroverde, Trabada e Pol van tomando forma. A próxima semana iniciarase o proceso de licitación das tres infraestruturas e as obras comezarán nun prazo máximo de dous meses.

O proxecto da residencia de Castroverde, que incorporará un centro de día, presentárono onte no municipio o presidente provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e o alcalde da localidade, Xosé María Arias.

A infraestrutura sitúase entre as rúas Santiago e Alcalde Xetas, onde o Concello construíu xa a estrutura do edificio, con 330.000 euros do plan E. O organismo provincial achegará outros 1,2 millóns para finalizar as actuacións.
..........................................................................

21 marzo, 2011

ROTEIRO ARZÚA-ARCA. SÁBADO, 26 DE MARZO DE 2011


Ás 7:45 h. Saída de  Castroverde ao lado do Pereira.

Ás 8:10 h. Ronda da muralla

Ás 8:15 h. na Saída para Santiago

Ás 9:15 h. Caminado desde Arzúa – Arca

Xantar, nun restaurante da zona.

Comunicalo antes do día 24 de marzo, no tefono habitual ou no correo electrónico, por motivos de organización; autobús e xantar. Prezo do xantar, trataremos que sexa de 15 €

Saúdos. Manolo Muñiz

NOTA:
Percorrido, aproximado, de 19  Km, acompañaranos o autobús.

17 marzo, 2011

O VENRES, 18 DE MARZO DE 2011, no Centro Sociocultural do Corgo ás 20:00 h

 CONVOCATORIA DO CLUBE DE LECTURA "ARUMES" DO CORGO

A Asociación Cultural Arumes do Corgo, despois do éxito dos tres primeiros libros do club de lectura:

- "Limpeza de sangue" de Rubén Ruibal (Premio Álvaro Cunqueiro no 2005 e Nacional de Literatura no 2007): agosto de 2009.
- "Cando petan na porta pola noite" de Xabier P. Docampo (Premio Nacional de Literatura no 1995): decembro de 2009.
- "Ás de bolboreta" de Rosa Aneiros (Premio Fundación Caixa Galicia no 2009 e The Withe Ravens no 2010): xuño de 2010.

afronta con gran ilusión esta cuarta etapa do mesmo. Nesta ocasión o libro escollido é "Das cousas de Ramón Lamote" (1985) do lucense Paco Martín co que obtivo o Premio Nacional de literatura infantil en 1986 e unha mención na lista de The Withe Ravens. Dun xeito opcional os socios tamén teñen a oportunidade de ler e comentar o libro "Das novas cousas de Ramón Lamote" (2010), por ser unha continuación do primeiro.

O Club de lectura de Arumes comezou a funcionar a comezos de 2009 coa intención de dar lectura a un libro cada semestre (e así fomentar o consumo de literatura galega entre a poboación do Corgo e dos concellos limítrofes). A Asociación posúe un servizo de préstamo bibliotecario para os socios interesados e o encontro coa autor levarase a cabo o VENRES, 18 DE MARZO DE 2011, no Centro Sociocultural do Corgo ás 20:00 h. Ese día todas as persoas interesadas terán a oportunidade de coñecer a faceta máis persoal e profesional de Paco Martín.


Nacido en Recatelo (Lugo) no 1940, Paco Martín exerceu de mestre de educación primaria durante catro décadas ata a súa xubilación no 2000. Do que nunca se retirou foi do mundo das letras converténdose nun dos máis grandes escritores da literatura infantil e xuvenil galega. Paco Martín tamén destacou no mundo da etnografía con diversas publicacións, así como a súa faceta de columnista en varios xornais galegos. Recibiu tamén os premios "O Barco de Vapor" no 1984 e o "Puro Cora" de xornalismo no 1994.


EXPOSICIÓN SOBRE LUIS SEOANE

Sala de Exposiciones - Centro Sociocultural Caixa Galicia Lugo - LUGO.
15 marzo 2011 - 08 mayo 2011
De lunes a sábados, de 12:00 a 14:00 y de 18:00 a 21:00 h
Domingos y festivos, de 12:00 a 14:00 h.
Visitas guiadas: 
Miércoles y sábados a las 19:30 h.

(ver máis)

SINATURA DE CONVENIOS ENTRE O SR PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN E O SR. ALCALDE DE CASTROVERDE (15-03-2011)

Sinatura dos convenios no Concello
     
 VISITA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN A CASTROVERDE    
                

Visita á obra do Centro de Día
Hoxe pola mañá, martes día 15 de marzo,  asináronse no salón de plenos do Concello de Castroverde dous convenios de colaboración entre a Deputación e o Concello.
A primeira sinatura foi para facer posible o remate das obras do Centro de Día, benvida sexa esta obra, igulal ca outras que boa falta fan, aínda que o lugar escollido non nos parece o idóneo por varios motivos que aquí non imos expoñer, mais que son fáciles de observar.
A segunda sinatura, ten como finalidade a contratación de tres traballadores para labores de limpeza e desbroce dos roteiros sinalados no concello, comenzando polo Camiño Primitivo e continuando por todos os roteiros sinalados pola Asoc. Amigos do Patrimonio e pola Asoc. de Muiñeiros.

Queremos aproveitar desde aquí para darlles as grazas ao Sr. Presidente, D. Xosé Ramón Gómez Besteiro e ao Sr.Alcalde pola sinaturas destes convenios que estamos seguros que redundarán en beneficio do noso Concello.

 Saúde.
 Manolo Muñiz

11 marzo, 2011

Miscelánea

Cordero, un home de prol arquivado, definitivamente arquivado?


Aí tedes, agora no interior doutra casa,
en Riomol,
a ventá pola que tantas veces albiscou o amencer
ese gran home ao que lle debe a muller española o seu amencer político.

Polos seus veciños, si; polas súas favorecidas, si; pero alguén queda que o relembra, polo menos nas ocasións propicias. Advertíunolo o propio Cristo cando afirmou aquilo de que, ninguén é profeta na súa terra…

Casualmente na semana pasada, comendo no “Pereira” co Cura de Riomol, e tamén co Profesor Serafín Tellado López, de Romeán, falando da violencia de xénero recordamos ao noso Manuel Cordero Pérez, o mellor defensor que tivo a muller en España; aquel Deputado que, apoiando a Clara Campoamor nas Constituíntes de República, ¡fai agora oitenta anos!, logrou/lograron que a muller deixase de ser criada pasando a ser señora,  ¡a ser “compañeira” e non “serva”! Detrás veu Franco, que as relegou á Sección Feminina, pero iso é outro cantar, un subcantar do Cara al Sol. Poño aos dous de testemuñas de que comentei con eles, escandalizado, que aínda non houbese unha placa conmemorativa no exterior desa casa de Riomol cando tanto se proliferan, ab hoc et ab hac, incluso pola simple inauguración dun camiño ou dunha pista de mala morte.

Máis agradecidos son outros, que onte mesmo, (9-3-2011), botaron na TVE 1, a película “Clara Campoamor. La mujer olvidada”, na que o guionista, director, etcétera, ben se coidaron de presentar ao noso veciño, ao antigo panadeiro, Manuel Cordero, en tres ou catro tomas de primeiro plano, subliñando, recalcando, que se Clara Campoamor logrou sacar adiante a súa proposta de voto feminino foi grazas a Cordero, á súa nobreza, nun ambiente de dúbidas e de traizóns.

¿Que máis podo engadir eu, servidor, que tantos anos levo insistindo no noso desagradecemento, no noso esquecemento, particularmente no das propias mulleres, no das propias beneficiadas? ¡En vez desa placa, desa lauda, a Cordero, igual haberá que poñérllela a elas, particularmente ás de Castroverde, para botarlles en cara a súa deslealdade!

Xosé María Gómez Vilabella

08 marzo, 2011

ACTIVIDADES FINÁIS DE MARZO, COMEZOS DE ABRIL

Preme na imaxe para agrandar

Sábado, 26 de marzo
Etapa: Arzúa - Arca 19,5 km /

----------000OOOOO000-------------

Venres, 1 de abril 
Convite a asistir a unha obra teatral en Sárria. 
(Teredes máis información)


----------000OOOOO000-------------

Preme na imaxe para agrandar

Sábado, 9 de abril 
Etapa: Arca - Santiago de compostela 17,5 km  
Pola tarde:
Visita aos edificios Cidade da Cultura
6:30 h. Visita guiada.

----------000OOOOO000-------------

NOTA: 
Prego/pido que vaiades confirmando asistencias para irnos organizando. 
                                         Teredes máis información en próximas datas


06 marzo, 2011

RESUME ROTEIRO MUÍÑOS DO POÑENTE: RODINSO-ACEÑA DA LAXE

Muiño de Luaces


Os asistentes ao roteiro ........
........e no muiño da Laxe
Neste sábado, algo frío de mañá, mais luminoso e agradable, fixemos o percorrido do derradeiro roteiro dos muíños acompañados polos amigos da Asoc. Arcas de Sarria, dicir que,  se o ano pasado comenzabamos por estas datas facendo os roteiros dos muíños,  este ano completamos o percorrdo. Saímos de Rodinso e polo Grandón subimos en dirección a Pereira para subir a Nabeda, pasado o Grandón xa puidemos disfrutar de vistas sobre todo o val de Castroverde podendo ver moitos lugares, con Lugo ao fondo, ata as terras do Páramo,  O Corgo, Láncara... desde Nabeda a Teixeda, facendo unha parada no cruceiro, desde aquí por baixo de Teixeda ata o Campo de Eiladrán, para baixarmos por debaixo do Gruñedo, subir ata Maceda. Breve parada en Maceda, desde Maceda a Vilarín podendo ver San Cibrao e de frente toda a Terra Chá, con Vilalba ao fondo. Desde O Vilarín baixamos novamente ao val do río Azúmara temos, que dicir que cruzamos varias veces diversas regos e fontes do comenzo deste río, para volvermolo encontrar á nosa esquerda, podendo ver de frente, A Cernada para irmos por debaixo do Escouredo ata as Cavozas e desde aquí por baixo de Berlán chegar á aceña da Laxe.
Dar as grazas aos de Arcas por ternos acompañado un ano máis e ata que nós lles poidamos volver a visita.

Castroverde, 5 de Marzo de 2011
Saúde, Terra e Lingua

Manolo Muñiz

04 marzo, 2011

O aventureiro "Juanes percorrerá desde o día 7, 6.000 quilómetros en bicicleta sen apoio"

Jesús García Juanes

01/03/2011 - El Progreso (Lugo)

"O aventureiro de Castroverde Jesús García Juanes, inicia o día 7 un reto que consistirá en percorrer coa súa bicicleta 6.000 quilómetros na pista de kárting de Outeiro de Rei sen axuda externa. Trátase dunha aventura bautizada como Reto Moto 2000, xa que o seu obxectivo inicial era enfrontarse coa súa bici a unha moto de 75 centímetros cúbicos que non podería dispor de ningún tipo de asistencia. García Juanes quería demostrar que o ser humano e a bicicleta «son máis eficientes do que pensamos», pero como ningún motorista recolleu aínda a luva, afrontarao en solitario."
 ......................................................................
(ver máis)