(14-06-08)
Neste fermoso día do 14 de xuño, fixemos o roteiro desde A Fonsagrada ata A Lastra. Sorprendente todo el, non sei se, priemeiro pola néboa, e logo polas vistas e luminosidade. Como dicimos, todo el sorprendente, primeiro desde o Padrón ata Vilardongo. Desde aquí ata Motouto. O recinto de Montouto Vello, con grande tradición xacobea, ao lado vindo da Póba de Burón está o menhir, chamado polos buroneses Pedra Labrada. Este hospital de Montouto foi fundado polo ano 1357, por Pedro I “ O Cruel”. Logo desprazado máis abaixo, segundo reafirma Felipe II, a finais do século XVII.
Desde aquí baixamos ata Paradavella, fermosa baixada. Salientar que aquí encontramos unha francesa, que comentou que era da zona lindando con Suiza, que viña de volta, desde o Porto, (case nada). Se fermosa é a baixada, o Camiño desde Degolada ata a A Lastra, e do máis fermoso, aínda que cunha subida moi súpeta chegando A Lastra.
Sen grandes cousas, máis recoméndovos que, cando poidades, fagades este anaco de Camiño, sobre todo o de Degolada- A Lastra.
Finalmente, dicir que é unha lástima que, os concellos por onde transcorre o Camiño Primitivo, non procuren telo rozado e cortarlle a auga nalgúns sitios, e pouco máis precisaría. Sería bo para todos, mais cando terán esa sensibilidade os nosos gobernantes?.
Saúde e Terra. Manolo Muñiz
No hay comentarios:
Publicar un comentario